sábado, 11 de marzo de 2023

SÁBADO 11 de MARZO do 2023

Comezamos unha nova emisión deste programa "Semprengalicia" con ánimo de facerlles pasar dúas horiñas de radio en galego entretidas. Coma sempre a nosa sintonía de cada semana e unha peciña de música para darlle paso á primeira convidada que é dona CELIA PEREIRA PORTO, Presidenta da Fundación Vicente Risco. Coméntamos unha man chea de actos e actividades que realizaron e teñen previsto celebrar. Agradecémoslle as informacións e as lecións que nos aporta cada vez que falamos con ela. Desexamos que sigan tendo moita sorte. Tamén nos convida a participar e disfrutar da súa documentación que teñen, ao seu dispor, tódolos que o desexen. Para eso teñen que entrar na súa páxina web da Fundación, e solicitar calquera documentación do seu fondo bibliográfico que precisen, que sempre serán moi ben atendidos e seguro que lle-la facilitarán.  (https://www.fundacionvicenterisco.com/).
   

A segunda convidada é dona OLGA NOVOA, escritora e poeta, moi ligada á publicación da revista que se edita en Ourense: "Nós, a Xente do Redor", na que ela participa moi activamente. Fálanos das súas inquedanzas creativas, das súas publicacións poéticas e das diferentes intervencións que está a realizar en diversos medios, como Tele-Miño e outros lugares. Está traballando para recoller as súas poesías nun pequeño poemario ou libriño, que posiblemente nos dea a sorpresa cando esté a piques de publicalo. Desexámoslle moitos éxitos nesa andaina.

Conectamos agora con outra escritora: PURI ESCUREDO, que ven de publicar aquela novela que nos adiantou o ano pasado, cando falamos con ela, e que leva por título: "Destino", baseada no que lle relatou unha emigrante galega en Arxentina. A partir do día vintecatro xa se pode mercar nas librerías. Está moi ilusionada e moi contenta con esa próxima posta en escea. Desexámoslle que disfrute do resultado e coidamos que pronto recibirá os parabéns de tódolos lectores.

Falamos con PEPE FORMOSO, do Bela Fisterra e Bela Muxía. Dámoslle os nosos parabens porque foi elixido Presidente da Asociación de Empresarios hostaleiros da Costa da Morte, que recolle un número moi importante de establecementos de moitos Concellos da contorna. Tamén o felicitamos polos moitos actos e eventos que está a celebrar no Hotel Bela Fisterra e tamén nese Albergue Bela Muxía co selo "Q" de Calidade, que lle outorgaron. É un pracer poder conversar tan amigablemente con Pepe. Sempre lle desexamos que teña moita sorte nos seus proxectos e,  moitos éxitos.

Temos a crónica do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO, que sempre escolle un resumo das noticias que se publican en quepasanacosta.gal, coas que nos fai partícipes das novidades acontecidas naquela contorna.

Recibimos a coidada aportación cultural do noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que remata coa  proposta de escoitar unha peza do grande Zeca Afonso, relacionada cunha información interesante de Lagos de Meia praia.

A continuación "colgamos" aquí o programa completo.

Ningún comentario:

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...