sábado, 8 de outubro de 2022

SÁBADO 8 de OUTUBRO do 2022

Unha emisión máis. Comezamos coas salutacións oportunas e a nosa sintonía. Ofrecémoslle escoitar unha peza (Sac Buit) que recibimos de Ricard Ros, composta por el mesmo e que estreará na FIRAMEDITERRÀNIA de Manresa. A continuación conectamos con Galicia para recibir a crónica do noso correspondente na Costa da Morte, Oscar Rey. Un resumo das moitas noticias que suceden naquela contorna e que poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal. Agradecémoslle a súa colaboración.

A segunda conversa é con dona Celia Pereira Porto, Presidenta da Fundación Vicente Risco, que nos pon ao corriente das múltiples actividades que están a realizar. A primeira, e moi concreta, porque aconteceu fai uns días perto de nós, foi a presencia do Selo Editorial da Fundación na Feira Internacional do Libro en Barcelona, LIBER. Continuou dándonos máis información e noticias. Agradecémoslle a súa colaboración. 

Poñémonos en contacto co Sr. Antonio, Presidente da Irmandade Galega "O Noso Lar de Terrassa", que están a celebrar os seus 40 anos de existencia e a 15 Festa do Pulpo na mesma Rambla de Terrassa. Felicitámolos por esa celebración e desexamos que sigan cumplindo moitos anos máis.

Conectamos novamente con Galicia para falar co noso benquerido e admirado Xosé González Martínez, Presidente do Foro Enrique Peinador que nos  informa da entrega de dous premios moi importantes, vinculados á galeguización da etiquetaxe en galego. A Asociación Alvaro de las Casas premiou con sendos "Bacelos de Prata" a dúas adegas das D.O. (Denominacións de Orixe) Ribeiro e Ribeira Sacra: Celme e Terras Bendaña. Agradecémoslle a atención que nos dispensa sempre que o chamamos.

Na segunda hora conectamos coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, Fernanda Follana Neira, que nos aporta a súa crónica e despídese coa lectura dun poema escollido por ela, de Xesús Bermúdez.

 

Conversamos con ALBERTO CRUZ, do Restaurante LANDUA, en Mazaricos. Parabenizámolo por estar seleccionado para ser o mellor Chef de Galicia. Xunto con María Cambeiro rexen ese Restaurante con moita dedicación e esmero. Atenden aos seus clientes cun "Menú degustación" de grande calidade, con productos moi seleccionados. Voltamos a felicitalo e pregámoslle que extenda esa mesma felicitación á súa compañeira María. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslles moitos éxitos.

Falamos con Armando Fernández, que nos dedica uns minutiños, facendo unha pausa nas presentacións dos participantes na Festa do San Froilán en Nou Barris.

 

E despedímonos ate o vindeiro sábado. Deixamos aquí o programa completo.


Ningún comentario:

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...