Primeiro programa do mes de abril. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e dámoslles a nosa benvida, anunciando que o programa de hoxe é "enlatado", pero que grazas ao noso técnico Kiko Belinchón, podemos ofrecerlles estas dúas horiñas de radio en galego "cáseque coma sempre".
Escoitamos unha peza de Tanxugueiras para darlle a ben-vinda ao noso correspondente na Costa da Morte Oskar da Fontiña. Agradecémoslle a súa colaboración semanal que resume como sempre, aínda que podesdes ampliar as súas noticias, como sempre, na páxina quepasanacosta.gal.
A segunda intervención é a da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, Fernanda Follana Neira, que sempre ten unha intervención moi acaída e moi interesante para todos nosoutros.
Despois conectamos coas Rías Baixas para recibir a colaboración do noso amigo e correspondente Xulio Simón, que tamén nos axuda a coñecer un pouquiño máis da Cultura Galega en xeral, e moi particularmente a de dúas donas galegas relevantes. Tamén nos agasalla coa lectura dun texto interesante.
Finalizamos desexando que teñan unha
¡FELIZ SEMANA SANTA! e ¡FELICES PASCUAS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario