sábado, 30 de abril de 2022

SÁBADO 30 de ABRIL do 2022

Unha nova emisión do noso programa. Comezamos coa escoita da nosa sintonía de sempre e conectamos con FRAN SIEIRA Compañía de DANZA, para felicitalo pola recente celebración do Día Internacional da Danza. Acaban de ter un "exitazo" en Vigo coa interpretación da obra "Demente". Infórmanos das próximas actuacións en Vilalba e en Santiago de Compostela. Desexámoslle moitos éxitos.

Conectamos agora co noso correspondente na Costa da Morte, Oskar da Fontiña, para que nos envíe a súa crónica semanal de noticias, escollidas entre outras moito que poden recoller máis polo miúdo na páxina "quepasanacosta.gal", que sempre lle comentamos a tódolos seguidores.

A terceira intervención é a de MANUEL PÉREZ ÁLVAREZ, que participa dende Hospitalet de Llobregat, onde reside. Quedamos que voltaríamos a telo nos estudios en vindeiras datas. Agradecémoslle a súa escoita e seguimento do noso programa.

Despois volvemos novamente a Galicia para recibir a Fernanda Follana Neira, que sempre ten preparada a súa crónica dos Ancares lugueses. Desexámoslle unha feliz semana.

A continuación comentamos algunhas noticias chegadas á Redacción, relacionadas con algúns premios da Música e outros aconteceres de relevancia en Galicia.

E despois de escoitar outro bocadiño de música, damos pasa á colaboración de Xulio Simón Rúa, o noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, que nos ilustra coa súa aportación cultural.

E despedímonos ate a vindeira semana á mesma hora. 

¡Que teñan unha feliz semana!

Ningún comentario:

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...