Outro sábado máis con todos vosoutros, para ofrecervos dúas horiñas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e ofrecémosvos unha peciña de música para conectar co noso correspondente na Costa da Morte, Oskar da Fontiña, que nos envía a súa crónica semanal. Coma sempre, xa sabedes, que podedes ampliar as súas noticias na páxina quepasanacosta.gal
.
Despois conectamos novamente con Galicia para falarmos con
Josinho Araujo Pérez, escritor galego que ven de presentar unha novela de moito interese, que leva por título
"Memorias dun exgalego". Fálanos da súa novela, chea de retranca e picaresca galega. Unha obra que ten moita importancia polo moito que aporta ao emprego do noso idioma galego, ao noso entender, claro. Prometémonos lela e despois comentar co propio autor o desenvolmento e a trama da mesma. Desexámoslle moitos éxitos.
Continuamos a nosa emisión voltando novamente, nesta ocasión a Pontevedra, para saudarmos a
Ana Santos Solla, que pertence a ese colectivo
"De Vella a Bella". Foi ela quen nos facilitou o contacto con Josinho, e ademais de agradecérllelo conversamos con ela para que nos dea a coñecer un pouco máis polo miudo, as moitas actividades e actuacións que están a promover e realizar.
A segunda hora comezámola conectando co noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente en Combarro,
Xulio Simón Rúa. Tennos preparado unha nova aportación moi suxerente. Preséntanos a don
Manuel Torres, propietario do
"Furancho a de Caballero" e falamos con eles. Coñecemos un bocadiño máis en qué consisten os Furanchos, qué sirven e cómo se pode disfrutar dos seus servizos. Unha moi interesante e animada información. Convídanos a visitalo e agradecémoslle a súa amable participación.
Seguimos o programa e conectamos coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, Fernanda Follana Neira, a quen felicitamos polo seu artigo en homenaxe a súa avoa, publicado na "Voz de Galicia", escoitamos a súa crónica semanal, que tiña preparada.
Aquí deixamos o programa completo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario