sábado, 19 de xuño de 2021

SÁBADO 19 de XUÑO do 2021

Comezamos o programa escoitando a nosa sintonía de sempre e dándolles a ben-vinda a tódolos nosos oíntes e seguidores. A continuación ofrecémoslles escoitar unha peza que nos lembra as terras do Bierzo, porque falamos con Alfonso Miguel Martín de ASOBECAT (Asociación de Bercianos en Cataluña) e tamén con don Luís Cuervo, avogado e grande berciano que ven de ser elixido polos bercianos de Cataluña como merecente do "Arlequín anual" da Fegalcat. Premio que se lle entregará en Galicia, concretamente o día 10 de Agosto en Lalín, xunto con outros homenaxeados. ¡Parabens, Luís! e moitas grazas a Alfonso e á Xunta Directiva de ASOBECAT, que nos ten sempre moi ben informados das súas actuacións e actividades.

A seguinte conexión é con Henrique Fernández-Mon Sánchez, e con Oliver Fernández, o noso Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, cos que mantemos unha conversa distendida. Tamén se une á conversa o Presidente de ASOBECAT, Juan Pedro Sánchez. Infórmanos da próxima gravación dun CD acargo das "Rosalieiras", as pandereteiras e cantadeiras da Entidade. Convida aos socios e simpatizantes a participar na Festa de San Xoan, que se celebrará diante da Entidade. Tamén nos desexa unhas felices vacacións a todos.

Continuamos o programa conectando con Antonio Reigosa, escritor galego e grande dinamizador cultural, que ven de recibir un Premio: O Follas Novas polo seu libro: Contrahistorias de Galicia. Felicitámolo e cóntanos cómo e de qué vai ese libro. Tamén disfrutamos coa súa conversa e outras informacións que aproveita para darnos en directo. Desexámolle o mellor.

Outra persoa á que chamamos e tamén felicitamos é DOMINGO GONZÁLEZ LORENZO, o Chef do Hotel-Balneario Caldaria de Lobios, grande amigo das nosas emisións. A parabenización é porque acaban de concederlle o "Touche Banche" (Gorro Blanco) que concede o Comité Nacional de Radio Turismo. Unha honra poder contar coa súa participación e colaboración con nosoutros. Felicitámolo e desexamos que siga colleitando moitos éxitos.

Novamente voltamos a Galicia para falarmos con Xan Leira, que o próximo día 15 deste mes de xuño presentará o filme: "Galegos en Liboa. A historia xamais contada", nada menos que no Museo Etnolóxico de Ribadavia. Tamén o felicitamos porque publicouse o libro que el memso editou: "Castelao e os vascos", de Iñaki Anasagasti. Agurámoslle moitos éxitos, e voltaremos a poñernos en contacto con el en vindeiras datas.

Tamén comunicámonos coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, Fernanda Follana Neira, que ademais de desexarnos un feliz verán e un bon remate de tempada, aínda nos aprota unha pequena crónica informativa daquela zona. Agradecémoslle a súa aportación e tamén lle desexamos que disfrute dunhas vacacións feiticeiras.

Despedímonos e desexamos que teñan unha feliz semana. Colgamos aquí o programa completo.

Ningún comentario:

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...