Comezamos o programa dándolles a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores. Poñemos un bocadiño de música para conectar con Galicia, concretamente con Vigo para falar con don LUÍS, Xerente da Empresa "Don CAMARÓN". Dámoslle a ben-vida e agradecémoslle que nos conceda esta pequena entrevista-conversa, para ofrecerlles aos nosos oíntes e seguidores unha fórmula axeitada para poder solicitarlle e mercar marisco e peixe galegos de primeira calidade. Na súa páxina poden comprobar tódolos productos que ofrecen e tamén a mellor maneira de adquirilos e que cheguen as nosas casas con tódalas garantías e coa celeridade axeitada para este Nadal. ¡Moitas Grazas, don Luís! e Boas Festas.
Escoitamos a peza "Noite de Paz", unha fermosa interpretación de María do Ceo, que lle-la adicamos á seguinte convidada: ANDREA FERNANDEZ MANEIRO, escritora e poeta, con quen mantemos unha conversa-entrevista moi amena. Parabenizámola porque ven de recibir o Premio do "IX Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro", pola súa obra: "Inventario dun adeus. Expiatoria". É unha conversa distendida e enriquecedora, posto estamos a coñecer un pouco máis desta poeta de Vilagarcía de Arousa.
A seguir dámoslle a ben-vida a MARCUS DANIEL CABADA, outro poeta que tamén foi gañador do 2º Premio de Poesía no "XXXIV Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà" pola súa obra: "O perigo de estar exhaustos". Felicitámolo e comentamos un pouco algo de todo. Marcus agasállanos coa lectura dese seu poema premiado e agradecémoslle que nos concedera esta entrevista de hoxe.
Na segunda hora conectamos co noso correspondente en Combarro, nas Rías Baixas, Xulio Simón, que sempre ten preparada a súa crónica de novidades culturais escollidas para sabermos algo máis de Galicia.
A continuación chamamos a Fernanda Follana Neira, a nosa correspondente en "Os Ancares", que tamén nos aporta a súa crónica consistente en tres relatos, acontecementos de relevancia naquela contorna. Agradecémoslle, coma sempre, a súa colaboración e despois de desexarlle unhas Boas Festas, despedímonos ate pronto.
E a última conexión é co noso poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas. Temos diversidade de opinión sobre estas celebracións que se nos achegan... intervimos todos na tertulia e finalizamos enviándolles a tódolos nosos oíntes e seguidores os mellores desexos de benestar e un ventureiro aninovo 2021.
Que teñan unhas BOAS FESTAS de NADAL e unha BOA entrada de ANINOVO 2021
Ningún comentario:
Publicar un comentario