Comezamos o programa ofrecéndolles unha peciña de música, despois de saudar aos compoñentes do equipo e a continuación dámoslle a ben-vinda a dona MARIA ALVAREZ MARTÍNEZ (Masha Raskolnikova), que ven de acadar o 3º Premio do XXXIV
Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà. Saudámola e parabenizámola porque ademais está a celebrar o seu aniversario. Comentamos parte da súa traxectoria e fainos un pequeno percorrido polo traballo que foi premiado. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle que acade moitos máis éxitos.A segunda intervención-entrevista é con Pedro Fariñas, compoñente (guitarrista concretamente) do Grupo Folk "CALDO", que tamén veñen de recibir o 1º Premio no Concurso "Fran Pérez", Narf. Felicitámolos e coméntanos un chisco da súa traxectoria e dos proxectos que teñen previstos dagora en adiante. Agradecémoslle a participación no programa de hoxe e tamén lles desexamos moitos éxitos.
Continuamos o programa conectando novamente con Galicia para fala co noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente Combarro, onde se atopa Xulio Simón. Preséntanos a Marcos Maceira, que é o seu convidado de hoxe. Comentamos con eles algunhas cousas relacionadasa co noso idioma galego.
Despois falamos coa nosa correspondente Fernanda Follana Neira, que nos recomenda a lectura do blog:
"Leiras e Marcos", que corresponde a Laura Pardeiro, que será agasallada co "Foucín de Honra" pola Asociación "Rente ao Couce" o vindeiro sábado día 12 de decembro en Becerreá. Segundo nos informa a Asociación entregaralle esta distinción a esa rapaza de As Nogais, por ser muller, do rural, e por espallar unha visión de futuro, orgullo e amor polo noso. Prometemos poñernos na súa páxina e ademais de felicitala tentaremos poñernos en contacto para poder entrevistala. ¡Moitas grazas, Fernanda!E antes de despedirnos aínda temos tempo para falar con Marta Delgado González, na Baixa Limia, con quen comentamos o pasamento do Mestre Tonho Cesteiro, que nos deixou fai uns días e que conmocionou a tódolos veciños da zona pola súa repentina marcha. Enviamos as nosas condolencias a tódolos seus achegados e agradecémoslle a súa participación no noso programa.
Despedímonos de todos vosoutr@s e desexamos que volvan a conectarse o vindeiro sábado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario