Despois conectamos con JAVIER, responsable dunha Empresa que se dedica a enviar e distribuir productos de proximidade, do Rural, con prezos moi asequibles. Trátase de "Retorno al Pueblo", que podedes atopar moi facilmente en Internet. Coméntanos cómo se formou esta iniciativa tan interesante e curiosa, que está a ter moitas demandas e sigue incorporando diversos artículos que poden ser interesantes para os futuros clientes, non só pola calidade senón tamén polo artesanal e naturalidade dos mesmos. Fai público o anuncio de que todos aqueles oíntes e seguidores que fagan unha demanda co nome do noso programa terán unha deducción de 4€uros na súa factura. Agradecémoslle a súa participación.
Continuamos a segunda hora conectando con Xulio Simón, o noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente en Combarro, a quen felicitamos pola posta en marcha da súa páxina: Xulipedia.com. Comenta algunhas cousas sobre os libros, e moi especialmente o de "Contos populares da provincia de Lugo", e lembrándose dos que lle contaba seu avó, explícanos un deles, onde aparecen como protagonistas un cura e o sacristán.
Interrumpimos a crónica de Xulio para darlle a ben-vida á nosa correspondente nos Ancares, Fernanda Follana Neira, que tamén ten preparada unha crónica moi interesante propoñéndonos facer algunhas rutas por aquelas contornas, que nesta tempada de outono son especiais pola diversidade paisaxística e o colorido espectacular. Despídese ate a vindeira semana.
Escoitamos outro bocadiño de música e saudamos ao noso Poeta da Mariña, Paco Rivas. Conversamos entre todos con el. E despídese coa lectura dunha creación poética moi especial, que ten moito que ver coa situación social qu estamos a sofrir nestes momentos. Agradecémoslle a súa sempre estimada colaboración, e despedímonos ate a vindeira semana.
Que teñades unha feliz semana!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario