sábado, 7 de novembro de 2020

SÁBADO 7 de NOVEMBRO do 2020

Ofrecémosvos un novo programa de Radio en galego conectando coa Baixa Limia para que o noso correspondente Xosé Lamela Bautista nos presente ao seu convidado de hoxe: AMABLE, responsable da Empresa ECOMEL, que ven de recibir un Premio de grande prestixio: O Panal de OURO colleita 2019. A súa explotación, ou mellor dito a extracción da Mel Ecolóxica que el comercializa, ten a súa orixe nos Montes da Reserva da Biosfera do Parque Natural do Xurés. Felicitámolo e conversamos con el para que nos informe.

A segunda comunicación é coa Poeta, escritora e investigadora ALBA CID, a quen se lle concedeu o Premio Nacional de Poesía Joven "MIGUEL HERNÁNDEZ". Os nosos parabens. Despois de manter unha pequena conversa-entrevista, despedímola cun bocadiño de música.

Conectamos novamente con Galicia, concretamente co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón Rúa, que sempre ten preparada unha participación moi ilustrativa.

Seguimos escoitando outro bocadiño de música, neste caso do Grupo CALDO, que foron seleccionados para seren finalistas do Concurso Fran Pérez, "Narf". E falamos agora con Fernanda Follana Neira, a nosa correspondente nos Ancares.

 

E finalizamos cunha cativa intervención do noso Poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas. Prometemos chamalo con máis tempo.

Despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora. ¡Disfruten da semana! e ¡Cóidense moito!

Ningún comentario:

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...