martes, 8 de outubro de 2019

SÁBADO 5 de OUTUBRO do 2019

Un programiña máis con todos vostedes para ofrecerlles dúas horiñas de radio en galego. Comezamos escoitando un pouco de música e conectamos con Galicia, concretamente co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, que nos presenta á súa combidada de hoxe, dona Mari Carmen Yáñez, Ilma. Alcaldesa do Concello de Lobios, que nos recibe moi amablemente e conversamos cos dous. Coñecemos máis polo miúdo unha serie de novidades e informacións relacionadas con esa localidade fronteiriza, chea de engado e que compre visitar para coñecer moito mellor, como nos indican eles.



A segunda intervención é a de Tamara Andrés, poeta e traductora, encargada da sección "No Estrelampar" que sempre ten moitas e interesantes noticias culturais. A súa participación sempre está chea de informacións precisas e cheas de ensino. Grazas, Tamara.



Na segunda hora, coma sempre, conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas, en Combarro, Xulio Simón. Despois dos saúdos de rigor fainos un pequeno percorrido cultural e agasállanos coa lectura dun texto escollido por el que nos engaiola. Sempre aprendemos da súa axeitada escolla cultural.



Despois conectamos con Fernanda Follana Neira, a nosa correspondente nos Ancares Lugueses. A súa crónica está relacionada cunha escolla de informacións relacionadas coas terras ancaresas, así como unha moi interesante que fala do antergo Camiño de Santiago por aquela zona.



Como non puidemos conectar co noso Poeta da Mariña, Paco Rivas, damos lectura a dúas poesías (quen puidera ser bullote..., e foise setembro coa lúa...) da nosa admirada poeta pastora, Nieves Fernández Vidueira, que compartimos con todos vostedes, desexando que sexan do seu agrado.



E despedímonos ate o vindeiro sábado, aínda que non podemos confirmarlles a nosa presenza, porque é a festividade do Pilar e posiblemente non poidamos facer o programa en directo. Terémosvos informados: Daremos cumprida información no Facebook... 

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...