Outro programa máis con todos vosoutros, para ofrecerlles novidades, entrevistas, música, conexións e moitas cousas máis. A primeira conexión é co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, que ten como convidada de hoxe a Marta Delgado González, de Mira Xurés, que nos informan moi detalladamente de varias actividades que teñen previsto realizar naquela contorna do Gerés-Xurés. Andainas moi interesantes e tamén o Walking Festival Xurés previsto para os días 14 a 21 de ABRIL. Fermosas propostas para aproveitar e disfrutar do sendeirismo e da gastronomía local.
A segunda intervención é a do Sr. Barrerio, encargado e coordinador das "Xornadas Técnicas de Promoción e difusción do viño no Camiño", en San Miguel de Sarandón, e que forman parte da "XXXIX Festa do Viño do Ulla" en VEDRA. Unha cumprida e abondosa información que ofrecemos aos nosos oíntes e seguidores, agardando poder compracelos.
Na segunda hora comezamos sempre coa conexión, en Combarro, do noso correspondente Xulio Simón, que hoxe trainos como convidado especial ao sociólogo e escritor Manuel Monge González, que hoxe nos falará do seu libro: O perverso goberno de Feijóo. Sete anos en negro. Novidades e moita información que quizaves moitos dos nosos oíntes e seguidores non coñecían. Voltaremos a entrevistalo.
Aínda temos tempo de falar con LEOPOLDO CLAVERÍA, de Viana do Bolo. Restaurador de grande prestixio e socio propietario que foi do Restaurante CASA Darío de Barcelona. Unha conversa distendida na que nos da a coñecer unha chea de interesantes lugares para visitar naquela zona ourensana. Agradecémoslle a súa aportación e prometémonos voltar a conectar con el en vindeiras datas.
A vindeira semana máis. ¡Deica o sábado que ven!
Ningún comentario:
Publicar un comentario