sábado, 26 de maio de 2018

SÁBADO 26 de MAIO do 2018

Outra emisión de dúas horiñas en galego, que comezamos dándolles a ben-vida e saudando ao noso Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro -Oliver Fernández-, que nos visita. Despois de escoitar un bocadiño de música, conectamos en primeiro lugar co noso correspondente na Baixa Limia, José Lamela Bautista, que ten como convidado ao eminente hematólogo FIZ CAMPOY, cos que mantemos unha conversa-entrevista moi ilustradora e chea de ensino no ámbito das investigacions relacionadas coa profisión de don FIZ. Agradecémoslles as súas colaboracións no programa de hoxe.

A segunda conversa é con dona SILVIA CASTAÑEDA, Presidenta da "Irmandade Galega de Rubí", que nos pon ao corrente da celebración da "Festa das Letras Galegas" e degustación de pulpo, xunto coa mostra de bailes tradicionais e rexionais, ademais do Concerto que fixeron onte o Grupo "Val das Mouras". Tamén nos falou da entrega de Premios aos gañadores das tres categorías do "IIº Certame de Relatos Curtos Manuel Rivas". Felicitámolos e desexásmoslles moitos éxitos.

Chamamos a ARMANDO FERNANDEZ que nos fai de correspondente dende Badalona, xa que está a presentar as diferentes actuacións dos Grupos musicais que están intervindo nas "Xornadas Culturais, XXI Aniversario da ACG. AGARIMOS de Badalona". Agradecémoslle a súa información e atención.

Despois falamos con MANUEL VÁZQUEZ OSORIO, Presidente do Centro Galego NÓS de Sabadell, que teñen previsto realizar a "XXVIII Festa Galega no Eix Masiá" de Sabadell, os días 1, 2 e 3 de xuño próximo. Tamén nos comenta a realización de varios actos culturais.

Falamos agora con SUSANA SEIVANE, a nosa grande artista internacional convidada para o grande Festival CELTA, que se realizará no Parc de Can Mercader de Cornellá o venres 1 de xuño, organizado pola A.C.G.Rosalía de Castro. Recíbenos moi amablemente e conversamos sobre o que ten previsto realizar nese grande evento na cidade de Cornellà. Precisamente esa Fin de semana é cando se realizarán os diversos actos programados pola Asociación con actuacións dos diferentes Grupos, Ofrenda de frores ao busto de Rosalía, Verbenas, Queimada de final de festa e fogos artificiais. Agradecémoslle a participación de Susana.

Antes de finalizar aínda temos tempo para dedicarlle os últimos minutiños ao noso Poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS, que sempre ten unhas palabras moi axeitadas na súa conversa e finaliza agasallándonos coa lectura duns "haikus" da súa creación literaria. Despedímonos de Paco e tamén de tódolos nosos oíntes e seguidores e aproveitamos para informarlles do resultado pouco favorable para a U.E.Cornellà, que perdeu diante do Sporting de Xixón-B por 2 goles a cero. Desexamos que poida ter posibilidades de continuar coa disputa do ascenso á segunda división... Xa o veremos. Que teñan unha feliz semana. e non deixen de sintonizarnos outra vez o vindeiro sábado.


Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...