Unha nova entrega deste programiña de dúas horas en galego, para todos vostedes. Despois das salutacións de comezo, desculpando a ausencia da nosa voz feminina LAURA SANTOS, comezamos escoitando unha peciña do ultimo CD de XABER DIAZ, "Noró", que nos sirve para darlle a benvida e saudar aos nosos primeiros contertulios de hoxe: XOSÉ LAMELA, correspondente na Baixa Limia e don XOSE YAÑEZ BARROS, portavoz da Comunidade de Montes do Xurés (Riocaldo), que nos acompañan hoxe para falar e reflexionar sobre aspectos que atañen ao Parque Natural "Xurés-Gerés" así como comentar algunhas das propostas das que se veñen traballando nas Comunidades de Montes do Xurés outras 11 Asociacións coas que se reúnen periódicamente para poñer en valor e solicitar melloras na contorna. Noutra ocasión voltaremos a conectar con eles para seguirmos con interese as melloras e inquedanzas acadadas.
Entrevistamos ao Ilmo.Sr.Alcalde de ARBO, en Pontevedra. don HORACIO GIL EXPOSITO, co que tiñamos pendiente unha charla e aproveitamos para felicitalo polo éxito acadado na conferecia-exposición que tivo lugar, hai poucas datas, no Centro Galego de Lleida. Tamén no FITUR, onde se presentou con moito éxito, a "LVIII Festa da Lamprea en Arbo", deste ano, prevista para os días 27, 28 e 29 de abril. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos voltar a falar con el, para que nos informe máis polo miúdo, do desenrolo e programa desa festa de Interese Turístico Nacional.
Despois falamos co amigo e poeta SUSO DÍAZ, que nos fala da publicación dixital do seu ultimo libro: "Amada Rosalía", de poesía adicado a Rosalía de Castro, e aproveita para lernos precisamente un poema da súa autoría, precisamente pertencente a ese libro recentemente publicado.
Falamos coa nosa correspondente TAMARA ANDRÉS, encargada da sección NO ESTRELAMPAR, pero que nesta ocasión é merecente a nosa chamada para felicitala polo éxito acadado nese Acto Multitudinario, no que tivo un papel protagonista moi interesante, na capital de Pontevedra, adicado a honrar a figura de Rosalía de Castro. ¡Moitas grazas, Tamara, e moitos parabens!
Acabamos, como case sempre, contando coa participación do noso correspondente e poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS, que despois da súa interesane charla finaliza coa declamación dunha das súas creacións poéticas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario