Ultimo programa do 2016. Comezamos dándolles a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores e ofrecéndolles a escoita dunha peza musical para comunicarnos directamente con ARMANDO Fernández, que se atopa á entrada de Cal Ninyo, para asistir ao Concerto-Homenaxe a Damiá, o noso malogrado técnico de Radio Sant Boi.
Despois falamos con XOSÉ Lamela, o noso correspondente, amigo e grande colaborador, que a pesar do seu malestar, aínda atopa folgos para dedeicarlle unhas verbas aos nosos oíntes e desexarlles unhas Felices Festas, nestas datas tan sinaladas.
A seguinte conversa é con AMELIA López, a nosa Directora da compañía de Teatro "Anduriña", que acaba de presentar, xunto con outros autores, unha mostra colectiva de cadros no Castelo de Cornellà, á que nos convida e tamén aproveita para desexarnos unhas Felicies Festas.
Falamos agora con MIRIAM FERRADÁNS, a poeta de BON (Bueu), que nos atende moi amablemente e que ven de acadar o 2º Premio do "XXX Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà" así como tamén o Leiras Pulpeiro de Mondoñedo. Felicitámola e desexámoslle moitos éxitos. Ela agasállanos coa declamación dunha das súas creacións poéticas.
Despois da despedida de LAURA Santos, conectamos con Galicia, como cada semana na segunda hora, para falar co noso correspondente XULIO SIMÓN, que ten preparada a súa intervención escollida con moito acerto, coma sempre. Despedimonos ate o ano que ven.
Finalmente conectamos coa Mariña Lucense, concretamente co noso poeta PACO RIVAS, que sempre ten unha amena intervención e tamén nos despide desexándonos o mellor para todos, o mesmo que aproveitamos nós, para desexárllelo a todos vostedes, e que o vindeiro ano volvamos a sentirnos arroupados coa súa atención e sintonización.
¡FELICES FESTAS E VENTUREIRO ANINOVO 2017!
Ningún comentario:
Publicar un comentario