No día de hoxe teremos un programa con conversas-entrevistas interesantes e, como non, música galega para ir adubiando esta emisión, que consideramos será do voso interese.
En primeiro lugar conectamos con LEOPOLDO CLAVERÍA e con XOSÉ CARLOS G.G., que nos poñen ao corrente dunha serie de actuacións e noticias moi interesantes para todos. O vindeiro día 5 de marzo entregaráselle a distinción de Galego do ANO a Moncho Neira.
A segunda comunicación é coa responsable da Casa Rural ASSUMPTA, catalana de procedencia, pero que rexenta esa Vivenda Rural tan feiticeira, e que nos fala dela e das ofertas tan interesantes para todos aqueles que desexen visitala.
Na segunda hora conectamos con XULIO SIMÓN, que dende as Rías Baixas, concretamente dende Combarro, fainos de correspondente e comunicador cultural da nosa comunidade galega.
Despois conversamos con TAMARA, para falarmos da súa creatividade poética e literaria.
A vindeira semana máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario