Comezamos o programa conectando con Pedro RIBEIRO, do "Centro Galego NÓS", de Sabadell, que é o responsable do seu Restaurante, e que está nunha feira Medieval no Vallés, como representante da Entidade e amosando as súas especialidades gastronómicas. Conversamos con el sobre as actividades que ven realizando ultimamente no Centro Galego NÓS e nas vindeiras celebracións. Agradecémoslle a súa aportación e amable atención.
A nosa compañeira LAURA SANTOS, fainos unha pequena semblanza da celebración que se está a realizar no C.G.AIRIÑOS da NOSA GALIZA, de Santa Coloma de Gramanet, así como das actividades que teñen previsto realizar.
Despois falamos con JUAN PEDRO, Presidente de ASOBECAT, que teñen previsto realizar a "Castañada Popular de Asobecat 2015", na súa sede do Restaurante "Rincón de Galicia" de Polinyà, o vindeiro día 31 de outubro, acompañado dun xantar extraordinario. Tamén nos comenta, en primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores, a "Festa do Botillo 2016" con sorpresas moi interesantes e de grande interese.
Na segunda hora conectamos con Galicia, para falarmos co noso correspondente XULIO SIMÓN, que sempre ten preparadas unha serie de informacións moi interesantes e cheas de ensino.
Chamamos a MANUEL R.JULIÁN, membro da Xunta Directiva da A.C.G.Rosalía de Castro, de Cornellà, que nos da cumprida información das Actividades que teñen previsto realizar próximamente e quedamos en voltar a comunicarnos cando teña máis novidades e cousas que contarnos.
A vindeira semana prometemos ofrecerlles outro programiña cheo de interesantes novidades e noticias.
¡Agardámosvos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario