Nesta ocasión comezamos a emisión o equipo de sempre, a falta do noso colaborador habitual da Baixa Limia don Xosé Lamela, a quen temos que disculpar porque ten outras obrigas persoais que atender. De tódolos xeitos aquí estamos: Marc Fort, nos controis técnicos, LAURA Santos, ARMANDO Fernández e mais un servidor... A primera intervención, conversa-entrevista é con PEP PALAU, Director do FORUM GASTRNÓMICO de A Coruña, que se celebrará a partir do día 15 de Marzo na cidade de A Coruña. Un evento cheo de moitísimas actividades das que nos dá cumprida información o mesmísimo Director. Agradecémoslle-lo moi encarecidamente e comprometémonos con el para seguir informando aos nosos oíntes e seguidores da valoración deste acto así como tamén das sucesivas celebracións do FORUM.
Seguidamente conectamos con don ANTONIO PIÑEIRO FEIJOO, Funcionario no Concello de Celanova, e a quen xa podemos considerar como un asíduo colaborador. Danos cumprida información do "suceso" acontecido en Vilanova dos Infantes: o asasinato do párroco don Adolfo e desaparición da imaxe da Nosa Señora do Cristal, acaecido na semana pasada. Un feito luctuoso que encheu de tristeza a toda a comarca e que segue conmocionada co acontecido.
Na segunda hora conectamos co Sr.RAMON, de "O MESÓN DO GALEGO", en A Merca (Ourense), tamén moi preto de Vilanova dos Infantes, co que mantemos unha conversa en torno ao seu "museo particular" adicado a "moitas cousas antigas", como el mesmo dice, no que ten contabilizadas alomenos unhas 5 mil pezas. Agradecémoslle a súa aportación para os nosos oíntes.
No final, como cada semana que podemos, conectamos co noso correspondente nas RÍAS ALTAS, o poeta da Mariña Lucense don Paco RIVAS, que sempre ten algunha "ocurrencia retranqueira" coa que agasallarnos.
Despedímonos desexándolles unha feliz semana e que volvan a sintonizarnos á mesma hora o vindeiro sábado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario