domingo, 21 de decembro de 2014

Sábado 20 de decembro do 2014

O último programa do ano. Comezamos dándolles a ben-vinda a tódolos nosos oíntes e seguidores, todo este equipo: LAURA SANTOS, XOSÉ LAMELA, ARMANDO FERNANDEZ e un servidor. Nos controis técnicos, coma sempre, MARC FORT. Tentaremos facer un programa cheo de desexos Navideños para todos e moi especialmente para aqueles amigos e seguidores moi particulares. Ofrecémoslles escoitar unha primeira peza do disco CANTIGAS DE NADAL, e con ela queremos felicitar á cantautora GUADI GALEGO, dándolle unha sorpresa, pero non demos contactado con ela. Probamos logo con outra persoa e tentamos poñernos en contacto coa Directora do Grupo de Teatro "Anduriña" dona AMELIA López, a quen felicitamos con efusión e cariño. Aténdenos con amabilidade e desexámonos mutuamente unhas Boas Festas e próspero vindeiro Ano. 

A seguinte comunicación é co Presidente da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro -don ALFONSO RICO-, que aproveita non só para felicitar as FESTAS a tódolos oíntes, seguidores e socios, senón que tamén nos fai un pequeno adianto das inmediatas actividades que teñen previsto realizar na Entidade. Agradecémosllelo e desexámoslle o mesmo. 

Comunicámonos con don JOSÉ MARÍA EGUILETA, grande colaborador desta nosa emisión. Aínda que coa voz un chisco tomada por mor do catarro que lle incomoda, danos tempo de felicitalo e correspóndenos desexándonos o mesmo.

Despois chamamos ao noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que como sempre ten preparada a súa intervención ofrecéndonos un bocado de saber cultural galego. Aproveitamos para desexármonos unhas Felicies Festas e un Feiticeiro Aninovo 2015. 

Na segunda hora conectamos con don OVIDIO SANTOS, un dos nosos mellores seguidores e "fósforo" a quen lle agradecemos a súa atención e enviámoslle os nosos mellores desexos dende esta pequena fiestra comunicativa. 

Comunicación-intervención co noso Poeta da Mariña Lucense: PACO RIVAS, que ademais de felicitarnos aproveita para recitarlle unha fermosa composición poética dedicada á nosa compañeira LAURA. Agradecémoslle a súa atención e desexámoslle o mellor para o vindeiro ano. 

E finalizamos esta nosa emisión deste ano falando co noso amigo SUSO DÍAZ, de Ludeiros -na Baixa Limia-, e enviámoslle os nosos mellores desexos radiofónicos e feiticeiros para este NADAL e aninovo.

Agardámol@s a tod@s o vindeiro día 10 de XANEIRO 
á mesma hora: de 18 a 20 horas... ...

¡¡¡  QUE TEÑAN UNHAS FEITICEIRAS FESTAS !!!

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...