Neste día tan sinalado "AS NOSAS LETRAS GALEGAS - 2014", aproveitamos para enviarlles un saúdo de felicitación e que celebren este día con agarimo. A verdade é que faremos unha emisión algo diferente doutras ocasións debido ao acontecemento deportivo que está a suceder na cidade de Barcelona. Prometémoslles informarlles con detenemento posto que a nosa colaboradora LAURA SANTOS, faranos de correspondente e poderán recibir información do acontecemento. Non poderemos conectar, na primera hora co noso amigo XOSÉ LAMELA, na Baixa Limia, pero tentaremos facerlles "levadeiras" estas dúas horiñas de radio en galego. Ofrecémoslles escoitar algunhas pezas da nosa música e moi concretamente as que están relacionadas coas composicións que fan referencia aos poemas de DIAZ CASTRO, aproveitando o disco que nos envióu CARMEN de "2na Fronteira", e outras de María do CEO. Falamos pois de XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, o homenaxeado das Letras Galegas deste ano 2014.
Falamos con LAURA SANTOS, que nos fai de correspondente e infórmalle aos nosos oíntes e seguidores dese acontecemento deportivo tan transcendente e desexámoslle que disfrute e o pase moi ben, en boa compaña.
Na segunda hora conectamos con XULIO SIMÓN, que tamén nos achega información de primeira man sobre acontecementos relacionados coas Letras Galegas-2014, para afondar máis no coñecemento e difusión cultural do momento.
Conectamos tamén con SUSO DÍAZ, para felcitalo e compartir con el algunhas das súas inquedanzas e coas que coincidimos e desexámoslle que pase un día gorentoso.
Despedímonos e desexamos que volvan a conectar con nosoutros o vindeiro sábado, á mesma hora, que tentaremos ofrecerlles, coma sempre, dúas horas de radio en galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario