mércores, 12 de marzo de 2014

sábado 08 de marzo do 2014

Unha semana máis con todos vosoutros, tentando levar adiante este programiña en língua galega, con todo o equipo ao completo: Nos controis técnicos MARC Fort, e nas locucións e conversas LAURA Santos, Armando Fernández e X. Couxil. Comezamos, coma sempre, escoitando un chisco de música para recibirmos a comunicación con AMELIA Fernández, membro do Consell de la Dona en Cornellà, e Directora do Grupo de Teatro "Anduriña" da A.C.G.Rosalía de Castro, que nos informa duna motea de ACTIVIDADES que se están a realizar con motivo do día Internacional da Muller Traballadora, e que verá como Conferencia Estrela a intervención de don ANXO ANGUEIRA, na nosa Entidade o vindeiro sábado día 15 de marzo, e adiántanos que habrá alguna sorpresa moi "suculenta". 

 Despois falamos con JUAN, Presidente da A.C.G.AGARIMOS, de Badalona, que veñen de recibir o 1º Premio de Comparsas do desfile de Entroido na súa localidade, e aproveita para convidarnos á "FEIRA do POLBO" da vindeira fin de semana, e fainos a precisión de que non só haberá pulpo, senón que tamén se poden degustar moitos productos galegos de calidade: orella, lacón, cachucha, marisco, bacallau... ... etcétera. 

 Unhas poucas noticias de interese e aproveitamos para escoitar un chisco de música. 

 Na segunda hora, coma sempre, conectamos coas Rías Baixas e falamos co noso correspondente en Combarro XULIIO SIMÓN, que nos informa dunha serie de cousas moi interesantes relacionadas coa nosa cultura. 

 Falamos, despois con don JOSÉ RODRÍGUEZ CRUZ, un historiador, etnógrafo e articulista do diário O SIL (Comarca de Valdeorras), que nos informa da súa participación na mostra de Peliqueiros e outras entroidadas en SADA (A Coruña). Agradecémoslle a súa intervención e prometémonos voltar a falar con el para que nos siga ilustrando coa súa sabenza respecto das moitas cousas que investiga e realiza. 

 A vindeira semana máis e, se cadra mellor...

Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...