Emma González |
Comezamos o programa coa intención de sempre: Entreter a tódolos nosos oíntes e seguidores, e facerlles pasar dúas horiñas de radio en galego, cheas de animación, entrevistas e novedades, adubiadas cun chisco de música galega. Conectamos co noso correspondente na BAIXA LIMIA, Xosé Lamela, que nos pon en contacto con dona EMMA GONZALEZ, Directora adxunta do 15 Salón Internacional de Gastronomía e Turismo XANTAR, de Ourense. A conversa-entrevista con Emma decorre con moita animación e chea de informacións e boas novas, relacionadas con ese evento tan importante, que se está a desenrolar na capital Termal máis importante de Galicia (a segunda de Europa). Agradecémoslle a súa aportación e participación.
Comentamos algunhas informacións relacionadas coa A.C.G.Rosalía de Castro e aproveitamos para escoitar unhas pezas musicáis do grupo RIOBÓ, que hoxe mesmo teñen actuación, en directo, en Cal Ninyo, de Sant Boi de Llobregat.
Na segunda hora conectamos con XULIO SIMÓN, o noso correspondente nas Rías Baixas. Como sempre a súa intervención é unha especie de clase maxistral relacionada coa cultura galega e con moita aportación documental. Agradecésmolle a súa colaboración e despedímonos ate a vindeira semana.
Falamos agora con don MANUEL MANDIANES, do CSIC, Antropólogo e amigo, con quen mantemos unha pequena conversa e tratamos de comprometelo para que en vindeiras datas poidamos contar coa súa estimada colaboración.
O vindeiro sábado máis, e se podemos, mellor.
1 comentario:
Ola boas noites. Pidovos Desculpas, pero despois de tantos anos, non me quixen resisitir a facer un enlace no meu blog....Porque e de lei.Parabens e noraboa polo voso traballo .
Publicar un comentario