Unha semaniña máis ofrecéndolles esta nosa emisión en galego para que poidan divertirse e entreterse coas "nosas cousas". Encetamos dándolles a ben-vida e anunciándolles o que imos a tratar neste programa de hoxe, con música, entrevistas, conversas e sorpresas agradables. Sentímola falta da nosa productora LAURA SANTOS, que se atopa delicadiña e enviámoslle tódolos nosos mellores desexos para que se recupere axiña.
A primeira comunicación é coa Baixa Limia, para falarmos co noso correspondente habitual, Xosé Lamela, que nos presenta ao tertuliano de hoxe: don RAFAEL RODRIGUEZ VILLARIÑO, Alcalde de AMOEIRO (Ourense), cos que mantemos unha conversa chea de interese.
Na segunda hora voltamos novamente a Galicia para falarmos con XULIO SIMÓN, o noso correspondente nas RÍAS BAIXAS, que nos presenta a outra convidada especial, mentres escoitamos de fondo "Co xenio destrozado": SÉS, María Xosé Silvar Fernández, cantautora galega de moito éxito actualmente, que ven de presentar un novo disco. Mantemos con eles unha curta, pero agradabilísima conversa-entrevista moi feiticeira. Agradecémoslle moi encarecidamente a súa amable atención e convidámola a que pase polos nosos estudios calquera día para que poidamos disfrutar da súa presencia e agasallala como se merece.
Despois poñémonos en contacto con DEBORHA Albardonedo, axente literario, que nos presenta a FRANCISCO NARLA, piloto e escritor gallego que nos falan dos libros ASSUR e LENDARIA, con ambentes galegos e cataláns. Agradecémoslle a súa aportación e amable conversa e emplazámonos para poder conversar en directo, no noso programa, debullando algunha das súas creacións.
Para finalizar conectamos novamente con Galicia e conversamos con JOSÉ das PATAS -a nova incorporación-fichaxe ao noso programa- que se encarga de comentarnos as novidades musicais galegas, e preséntanos ao profesor de Acordeón ALEJANDRO BALBUENA OJEA, que ven de publicar un libro (xa esgotado) titulado: "Acordeón tradicional e folk galego". Podedes demandarlle o libro-disco a waltrapeiro@hotmail.com. E tamén podedes visitar a páxina do noso colaborador: http://musicaengalego.blogspot.com.es, que tamén ten unha radio online, para poder escoitar música galega sen interrupción.
A vindeira semana será o ultimo, que non derradeiro, programa desta tempada 2012-13. Agardamos a vosa presencia-audiencia, e prometemos facervos pasar dúas horas de radio en galego feiticeiras e cheas de engado. Ate o sábado vindeiro.
¡Que pasedes unha feliz semana!
Ningún comentario:
Publicar un comentario