Este sábado non emitimos o noso programiña en galego, por mor de que se celebraron as FESTAS do CORPUS en Cornellà. Estivemos participacndo na Festa Galega en Can Mercader.
E xa que falamos do CORPUS, este ano queremos que todos vosoutros disfrutedes das imaxes que nos enviou o noso correspondente en Combarro, Xulio Simón. Son as alfombras florais que cada ano realizan os feligreses na súa localidade. Non teñen tanta sona como as de Ponteareas (seica unhas das máis antigas e famosas) pero non por eso menos importantes e moi fermosas. Paga a pena inmortalizalas neste noso blog.
A vindeira semana teremos outra emisión deste programiña en galego, con moitas máis novidades e informacións. Posiblemente non poderemos estar en directo, xa que temos que participar na representación da obra de Teatro "Os vellos non deben namorarse" por demanda da Asiación Cultural Galega Agarimos de Badalona, pero non deixen de conectarse, pois faremos un programa moi interesante.
Aquí vos colocamos o díptico confeccionado para informar dos Actos que se celebraron con motivo do 33 Aniversario da Entidade:
Ningún comentario:
Publicar un comentario