domingo, 24 de marzo de 2013

SABADO 23 de MARZO do 2013

ULTIMO PROGRAMA denantes da SEMANA SANTA.

Comezamos dándolles a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores así como ao noso Técnico MARC FORT, e ao noso compañeiro ARMANDO FERNÁNDEZ. Adiantámoslles un chisco as cousas que tentaremos levar adiante no programa de hoxe e deseguida conectamos con Galicia para falarmos con noso correspondente na Baixa Limia, XOSÉ LAMELA, que nos presenta ao contertulio desta semana: MANUEL RIVERO, un colaborador moi importante na nosa labor de difundir e transmitir as inquedanzas relacionadas coa nosa Terra Galega.

Na segunda hora, coma sempre, conectamos coas Rías Baixas, Combarro concretamente, onde se atopa o noso asíduo colaborador XULIO SIMÓN, que sempre escolle noticias moi interesantes relacionadas coa Cultura Galega e que sempre acompaña con interesantísimas aportacións poéticas e outras investigacións importantisimas relacionadas co tema escollido por el. 


Tamén aproveitamos para falarmos con dona AMELIA LÓPEZ, a nosa Directora de Teatro "ANDURIÑA", para que nos fixera unha pequena valoración dos ACTOS realizados a fin de semana anterior, no local social da A.C.G.Rosalía de Castro. Non podemos "colgar" os audios desta conversa, xa que por problemas técnicos non puidemos recoller toda a grabación. Buscaremos a forma de poder ofrecérlle-los en vindeiros días. Pedímoslles desculpas e pregámoslles que sigan atentos as próximas datas que deseguida tentaremos subsanar este "atranco".

Desexámoslles unhas MOI FELICES PASCUAS, e que pasen unha Semana Santa chea de engado e benestar. Que disfruten e agardámolos na primeira semana de Abril.

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...