domingo, 17 de marzo de 2013

16 de MARZO do 2013


Outro sábado tentando ofrecerlles dúas horiñas de radio en galego. Comezamos dándolles a ben-vinda a tódolos nosos oíntes e seguidores e adiantámoslles que teremos un programiña algo "recortado" por mor da nosa asistencia á Conferencia: "A muller e o Teatro", que organiza a A.C.G.Rosalía de Castro, con motivo da celebración do DÍA da DONA. Un acto máis dos que veñen realizando xunto co "Consell de la dona de Cornellà". Nos estudios, conmigo ARMANDO FERNÁNDEZ, e nos controis técnicos MARC FORT. 

Escoitamos unha peza de música e conectamos con Galicia. Alá, na Baixa Limia, recíbenos o noso correspondente XOSÉ LAMELA, que nos presenta ao contertulio desta semana: don ANTONIO SIMOES, Cociñeiro e propietario do Restaurante HABANA 83, en Ourense, que ven de recibir o PRATO DE OURO no 14 SALON DE GASTRONOMÍA E TURISMO, XANTAR - 2013. Unha entrevista que nos achega algo máis a un dos personaxes  grandes da cociña gallega.

Hoxe, non poderemos ofrecerlles as nosas acostumadas conversas con Xulio Simón e con Paco Rivas, xa que como lles adiantabamos no comezo teremos que asistir aos actos que celebra a A.C.G.Roaslía de Castro. Así que escollemos un pouco de música galega, tradicional e popular, para que poidan disfrutar dela, neste minutiños que faltan para rematar o programa.

Agardámolos a vindeira semana. Tentaremos facerlles agradable ese tempo que nos escoiten e animámolos a que participen connosco enviándonos a súas suxerencias e propostas.

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...