domingo, 3 de febreiro de 2013

sábado 2 de febreiro do 2013

Unha semaniña máis encetamos este programiña en galego para tódolos nosos oíntes e seguidores, dándolles a ben-vida e saudando ao noso estimado colaborador e compañeiro de emisión ARMANDO FERNÁNDEZ, así como ao noso técnico MARC FORT, que sempre nos axuda a que todo esté nas óptimas condicións. A nosa primeira conexión-comunicación con Galicia facémola a traverso do noso correspondente na BAIXA LIMIA, Xosé Lamela, que nos presenta ao conversador-entrevistado DAVID PÉREZ LÓPEZ, arqueólogo de Bande e un grande coñecedor e defensor da Baixa Limia.


Unha das sorpresas e interesante conversa de hoxe, é a intervención e charla co noso amigo MANOLO BARCIA, Vicepresidente e Fundador da ASOBECAT, Asociación de Bercianos en Cataluña, que nos adianta información sobre a "Gran Cea do Botelo en Cataluña" e que neste ano homenaxeará a don José Luis Prada, un berciano de pro moi coñecido en toda a península polos seus productos con denomición de orixe e de primeira calidade, que el comercializa coa marca "Prada a tope". Tamén nos fala do seu programa en Radio La Llagosta, "Escoita Galicia", tódolos mércores de 8:30 ate as 10 da noite. Convídanos a pasar polo seu Restaurante "Rincón de Galicia" en Polinyà, para disfrutar e degustar unha cea con espectáculo e música o próximo día 16 de febrero. Coincide coa Festa Berciana, pero seguro que haberá aforo suficiente en ámbalos dous eventos. Desexámoslles moitos éxitos, para estas dúas celebracións.


Na segunda hora falamos con XULIO SIMÓN, dende as Rías Baixas. Fainos unha escolla documentada sobre o Conde de Lemos e outras personaxes históricas moi interesantes, e que poden ser referentes de actualidade se miramos os aconteceres de "presuntas corrupcións políticas" nos momentos actuais.


Tiñamos pensado comunicarnos e falar con algunha persoa de Viana do Bolo, para que nos informara un chisco da XLIII Festa da Androlla, así como do seu famosísimo Entroido, pero non nos foi posible. Intentarémolo a vindeira semana. Tamén se nos interrumpiu a comunicación que tiñamos previsto para comentar a celebración do "ENTROIDO na A.C.G. ROSALÍA de CASTRO", pero tampouco o conseguimos. Prometemos facelo o próximo sábado. Despois de escoitar un boacdiño de música, falamos con PACO RIVAS, o noso poeta da Mariña Lucense, que nos deleita, para acabarmos o programa, coa lectura dalgunha das súas creacións poéticas.


Desexamos que volvan a conectar con nosoutros. O vindeiro sábado teremos moitas máis informacións e aquelas novidades que se vaian sucedendo e que os nosos correspondentes e colaboradores escollan para ofrecérllelas a todos vostedes. ¡Graciñas por estar ahí e que teñan unha FELIZ SEMANA!!!

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...