domingo, 27 de xaneiro de 2013

26 de xaneiro 2013

Sábado 26 de XANEIRO 

Tino, Xosé Rois, Xulio C. e Armando Ferdez.
 Comezamos un día máis esta nosa emisión de radio en gallego, conectando, como cada semana con XOSE LAMELA, que dende a Baixa Limia nos presenta a LINO PERDIZ, galego nado nesta comarca da Baixa Limia e membro-compoñente da Plataforma pola Baixa Limia (PLABALI), para poñernos ao corren das moitas inquedanzas e actuacións que están levando a cabo. 


Despois chamamos a FINA CASALDERREY, para felicitala por ser elixida pola REAL ACADEMIA GALEGA para ocupar o sillón que deixou valeiro Xaime Illa Couto. Tamén aproveitamos para manter unha pequena conversa con ela. 



 Na segunda hora conectamos coas Rías Baixas, para falarmos con Xulio Simón que nos presenta a JOSE LOPEZ RIVAS, un galego nado en Lugo, que participou no ultimo DAKAR (Perú, Arxentina e Chile) e que rematou no posto 86. 



 Recibimos, nos nosos estudios a TINO e a XOSE ROIS, cos que mantemos unha amena conversa e convidámolos a escoitar un chisco das escollas musicais que lle ofrecemos a tódolos nosos oíntes e seguidores. 


 A vindeira semana prometemos voltar, con moitas novidades, sorpresas, entrevistas e se pode ser, un novo programa e MELLOR.

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...