Comezamos coa entrega dunha nova proposta para poñer como sintonía da nosa emisión. Dámoslle a benvida a tódolos nosos escoitantes e seguidores e propoñémonos realizar unha emisión máis con novidades, comunicacións e conexións interesantes para todos.

Dámoslle a ben-vida a XOSÉ ROIS FROJÁN, un "mariño aventureiro" que nos visita e trainos como agasallo o seu recente libriño poemario "Anaquiños de min", que ven de presentar precisamente na Irmandade Galega O NOSO LAR de Terrassa. Lenos un poemiña da súa creación.
A seguinte comunicación é con don ALFONSO RICO, Presidente da Asociación Cultural Galega "ROSALÍA DE CASTRO", que nos pon ao corrente dos acontecementos relacionados coa Entidade, da visita, a semana pasada a Ginebra (coa Banda Xuntanza), da vindeira celebración do MAGOSTO, o día 29 de outubro próximo, da excursión a Andorra, da Semana Cultural coa celebración do fallo e Premios de Poesía e Narrativa... ectcétera. Convida a tódolos socios e simpatizantes a participaren.
Rematamos o programa conectando coa Mariña Lucense, e falamos con PACO RIVAS, quen nos despide con dúas das súas creacións poéticas para desexarnos a todos unha semana feiticeira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario