Esta semana comezamos a nosa emisión conectando con JUAN PEDRO SÁNCHEZ, responsable da Asociación de Bercianos en Cataluña ASOBECAT, que nos pon ao corrente do "VIII Festival del Botillo en Barcelona", que se vai a celebrar o día 12 deste mesmo mes. Adiántanos que se lle fará unha homenaxe a don Gustavo Alonso Vega e a un dos Concellos do Bierzo.
">
A segunda comunicación-entrevista é con Xilberte Manso de la Torre,
Xosé Lois Vilar Pedreira -arqueólogo- e Xulio Simón, o noso correspondente dende Galicia, que versa sobre asuntos moi interesantes relacionados coa Serra da Groba, e a Talasonimia daquela zona costeira da mariña pontevedresa de Santa María de Oia e Baiona...
">
Para finaliza-la nosa emisión de hoxe conectamos novamente con Galicia e nesta ocasión falamos con CARLOS ARES,mantedor da páxina web de VIANA DO BOLO Precisamente foi premiado coa ANDROLLA DE OURO o ano pasado. É un dos mellores coñecedores do Entroido de Viana do Bolo (Ourense), que xa o consideramos un colaborador máis do noso programa. Fálanos dunha documentación-recolleita que acaba de facer e que lle servirá de base, en principio, para unha Conferencia que impartirá en Asturias próximamente, e adiántanos algunhas novidades relacionadas con esta poboación da montaña ourensana, da que moitos oíntes nos reclaman noticias e informacións.
">
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
SÁBADO 11 de OUTUBRO do 2025
Outra emisión máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións e escoitar un bocadiño de música poñ...

-
1º SORTEO - CONCURSO Fin de Semana nun Hotel-Vivenda Rural en Galicia. Poñemos en marcha este concurso do que damos cumprida información aqu...
-
Comezamos unha semana máis, coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e un bocadiño de música para recibir ao primeiro convidado de hoxe: ...
-
Último programa desta tempada 2024-2025, que comezamos coa nosa sintonía de sempre e anunciando en qué consiste o programa que temos prepara...
Ningún comentario:
Publicar un comentario