Esta semana temos Asemblea na Asociación Cultural Galega "Rosalía de Castro". Xa daremos cumprida información do resultado da mesma na seguinte emisión (o vindeiro día 5 de marzo). Non poderemos conectar con Xulio Simón, por mor de certos compromisos persoais que está a realizar esta fin de semana en Lugo, pero tentaremos levar adiante esta nosa programación entretendo aos nosos "escoitantes" coa escolla da música galega que temos, coa lectura das novidades que nos chegan á redacción e con outras intervencións interesantes.
A primeira conversa-comunicación é con EDUARDO MENDEZ QUINTAS, o Director do Departamento de Arqueoloxía do Instituto de Estudios Miñoranos, que nos fala do traballo que acaban de presentar:
Presentación do proxecto de dixitalización de petróglifos no web do Instituto de Estudos Miñoranos. Presentación do traballo sobre os PETROGLIFOS
Tamén aproveitamos para que nos faga un pequeno percorrido por outras moitas accións que se estan a levar a cabo dende o Instituto de Estudios Miñoranos.
Despois damos lectura a pequenas comunicacións, notificacións e informacións varias.
A seguir, conectamos con ROSA, a responsable de CULTURA do Concello de LOBIOS, que nos adianta os traballos que estan realizando para preparar o Entroido desa zona da Baixa Limia, e que ten un sentido moi especial porque estan a recuperar a antiga lectura e realización dos DISCURSOS, que se facían, en tempos. Lecturas que consistían e poñer "a caldo" (nunca mellor dito) aos principais mandatarios e gobernantes do Concello, así como a calquera outra persoa do pobo. Aproveitaban a ocasión para facer reparto ("partillas") máis ou menos equitativas das diferentes partes do corpo dalgún animal morto na contorna, todo elo con sentido irónico e bromista. Empregando a "retranca galega".
Damos por finalizada a nosa emisión e convidámolos para voltar a "sentírmonos" a vindeira semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario