sábado, 16 de outubro de 2010

Progrma do 16 de outubro

Dámoslle a ben-vida a tódolos oíntes que se incorporan á nosa edición desta semana e propoñémoslle escoitar a BERROGÜETTO, concretamente o seu disco HEPTA, xa que nos visitaron esoutro día na Farga de Hospitalet e desexamos cumplir coa promesa de escoitar a súas creacións anteriores, cousa que nos solicitaron algúns amigos.

Procedemos a dar lectura dalgunhas informacións e comunicacións que nos chegan dende Galicia. Anunciamos a colaboración, como non podía ser doutro xeito, do noso amigo e poeta PACO RIVAS, pero que non será ata a vindeira semana, xa que nestas primeiras datas do noso programa non estaba accesible, por mor dalgúns compromisos puntuais. Agardamos poder contactar con el. Voltamos a escoitar a música proposta ao comezo e seguimos con máis informacións e entre medias incorporamos algunha que outra peza da discografía que temos nos nosos arquivos.


A segunda hora comezámola conectando con Galicia, como xa é habitual, e falamos con XULIO SIMÓN, o noso correspondente semanal que nos fai un pequeno percorrido por algunhas das máis salientables actividades e acontecementos culturais que están a suceder na nosa Galicia. É un pracer poder contar coa súa colaboración desinteresada e tan agradable.

Temos unha comunicación telefónica con XULIO COSTA, o noso "seguidor-forofo" da Radio que nos pide unha peza de Ana Kiro, adicada á Asociación Cultural Galega "Rosalia de Castro", e moi particularmente a Belén, a súa Presidenta, a quen lle enviamos as nosas máis sentidas condolencias polo pasamento do seu avó.


A ultima conexión en con JUAN, da Asociación Cultural Galega "AGARIMOS", de Badalona, para falarnos de dúas cousas: A Festa do Polbo, que se celebrará o domingo día 17 diante da Sé Social da Entidade, na rúa París,nº 45. Unha celebración que se fai mensualmente o 3º domingo de cada mes, na que os asistentes poderán degustar ademais do "Pulpo á Feira", unha morea de tapas e racións doutras especialidades da gastronomía galega.
A segunda noticia, e pola que aproveitamos para felicitalos, é que a Banda da Entidade participou, xunto con CARLOS NÚÑEZ, nos dous Concertos que impartiu en Catalunya, en Sant Cugat del Vallés e en Manresa. Unha honra e unha verdadeira felicidade para os rapaces compoñentes do seu Grupo de Gaita e Baile. ¡Noraboa! e que sigan a ter tantos éxitos como está a ter.

Despedímonos desexando que volvan a conectar con nosoutros a vindeira semana.

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...