mércores, 6 de outubro de 2010

2 de OUTUBRO

Con Xulio, asiduo escoitante
Comezamos esta nova tempada 2010-2011, cos mesmos desexos e intencións (anovados, claro está) de seguir entretendo, comunicando e dando a coñecer tódalas novidades que nos chegan á nosa Redacción, así como todo aquelo que pode ser de interese para tódolos nosos escoitantes, oíntes e seguidores.Así pois damos a coñecer unha serie de novidades e noticias que están a acontecer no noso entorno e na nosa Galicia, lembrando o pasamento de ANA KIRO e DORA VÁZQUEZ; figuras importantes da nosa cultura galega, cada unha na súa temática, claro está: ANA grande representante da música galega, e DORA unha das mellores poetas ourensanas dos ultimos tempos.
Temos novidades en canto a música, posto que nos chegaron varios discos de "Edicións do Cumio - Merza, un século de certames, A música de Merza-Solistas, V I Concurso de Gaiteiros Manuel de Villanueva", de "Aira da Pedra" e da "Banda de Gaitas CASTRO BERGIDUM". 

Establecemos a nosa primeira comunicación con MARTA,

unha das responsables de "Ediciones Puerta con Puerta", que veñen de publicar un libro moi interesante: "De Obispos y de Meigas", escrito por Domingo Pellicer, e que hoxe mesmo se atopan nun "stand" na "Festa de San Froilán", en Nou Barris.

Nesta segunda parte facemos un percorrido polas comunicacións, novidades e informacións que nos chegan á nosa Redacción, intercalando un chisco da música que nos enviaron dende Galicia e dende O Bierzo.

Seguimos o noso programiña establecendo comunicación, e mantendo unha pequena conversa precisamente con Ponferrada, concretamente con ALBERTE CANOSA  e  JOSE MANUEL PEREZ CASTRO, o primeiro compoñente da "Asociación Berciana da Lingua Xarmenta" e o segundo Director da Banda de Gaitas Bergidum e compoñente do grupo de música tradicional "Aira da Pedra".,

Continuamos cun bocadiño máis de música e conectamos novamente con Galicia para falarmos concretamente con ANDRÉS dos "AZOUGHADOS" quen despois de manter unha pequena conversa connosco agasállanos cunha peza galega "a capela" entre el e mais unha das compoñentes do seu grupo.

E rematamos o noso programiña de hoxe felicitando a CHARI, que é unha sorpresa preparada polo seu pai Xulio, asiduo oínte e seguidor de Sempre en Galicia.
Bo fin de semana, e que voltedes a conectar connosco o vindeiro sábado.

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...