
Hoxe comezamos dándolles noticias do que tentamos facer nestas dúas horiñas de radio. Algunhas noticias que nos chegan á Redacción e tentaremos comunicármonos con Manoel Carrete, habitual colaborador do noso programa, quen nos servirá de correspondente para podermos comunicármonos con algún responsable da Xunta de Galicia, que se atopa en Barcelona, con motivo da "Convención Nacional do PP, no Pazo de Congresos". O Ilmo.Sr.Presidente da Xunta de Galicia, don Alberto Núñez Feijoo, achagarase ao Centro Galego de Barcelona, para manter unha entrevista-coloquio con tódolos Presidentes das diferentes Asociacións Galegas de Cataluña.
A nosa primeira comunicación é con don Manuel Ruíz Rivas, o portavoz do PP no Parlamento de Galicia. Agradecémoslle a súa atención e


Continuamos coas noticias que chegan á nosa Redacción. Damos cumprida información dos actos que se están a celebrar na "Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro" con motivo das "Xornadas Culturais"...
Conectamos con Galicia e recibimos a Paco Rivas, unha vez máis, para escoitalo recitando algunha das súas ultimas creacións poéticas.

Na segunda hora temos intención de comunicármonos con Antonio Díaz, para que nos fale do nº 61 da revista Lúa Nova, que acaba de saír ao prelo. Non é posible, porque atópase cubrindo a información da visita do Presidente da Xunta de Galicia ao Centro Galego de Barcelona.
Conectamos coa Asociación Cultural Galega "Agarimos" de Badalona, para que nos falen do seu "Magosto" enxebre, que ten caracterís

¡ ¡ ¡ Ate a vindeira semana ! ! !
Ningún comentario:
Publicar un comentario