domingo, 1 de marzo de 2009

Ultimo programa do mes de febreiro

Presentamos e comezamos o programa coa participación de moitas persoas no estudio e coa novidade de estarmos conectados -en directo- ao correo electrónico de “Semprengalicia@gmail.com”. Xosé Carlos fainos a presentación de don Enrique Méndez, grande amigo e dende agora outro colaborador máis do noso programa, así como tamén a súa filla dona Gloria Méndez directora de Coaching Solution, e Presidenta da Asociació Catalana de Coachig. Fainos unha pequena introducción e danos a coñecer ese traballo que está a ofrecer a súa empresa: http://evolucionpersonal.com/

Comunicamos directamente con Galicia para falar con “Chousa de Alcandra”, que é o nome do blog que realiza Xosé Luís. Fainos unha pequena introducción (escoitádeo pinchando no trasteo) ao “TRASTEO” e ao sorteo que realizaremos no noso programa de radio de hoxe. Danos a coñecer a “ZELTIA”http://zeltia.zoomblog.com/, a “L&M”http://oblodelm.blogspot.com/2009/01/meme-do-traste-galego.html, e a outros máis que foron os que lle deron a el a responsabilidade de ser o voceiro do “Trasteo” que hoxe tentamos levar adiante. Fixemos o sorteo dos VIANOS: http://semprengalicia.blogspot.com/2009/02/o -trasteo-de-chousa-e-de-outros-3.html, e resultou gañador o nº 18, correspondéndolle a QUENINDIOLA. Aproveitando a ocasión e este momento radiofónico tamén o fixo XOSÉ LUÍS http://chousadaalcandra.blogspot.com/, e correspondeulle ao nº 4, que pertencía a ARTABRIA http://vera-artabria.blogspot.com/. Agardamos disfruten deses agasallos e que nos fagan os comentarios correspondentes aos produtos cos que foron agraciados.

Continuamos con Gloria Méndez, que nos da unha visión importante do que significa e do que pode facer unha persoa achegándose á súa proposta de evolución persoal. Unha entrevista-charla moi amena e interesantísima, con Xosé Carlos, Enrique e mais Gloria.

A seguinte intervención correspóndelle á comunicación, novamente con Galicia. Falamos con Xulio Simón e con Álvaro Martínez Leiro. Aproveitando que Álvaro ten unha exposición -dende o día 20 de febreiro ata o 22 de marzo- que leva por título: Non oes piar?, na Casa da Torre en Redondela, mantemos unha longa e interesante conversa con ámbolos dous.

Continuamos falando con Gloria e rematamos o programa facéndonos eco da concesión, a don Isaac Díaz Pardo, da Medalla ao Mérito nas Belas Artes. Xunto con el tamén foi galardoado don Juan Antonio Porto. Tamén queremos facer a nosa pequena contribución á commemoración do DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, xa que o día 24 de febreiro cumpríronse 172 anos do nacemento da poeta, e fixéronse unha man chea de actos por parte da Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia e tamén do Padroado Rosalía de Castro, en Padrón. A peza final é “Unha noite na eira do trigo”, interpretada por María do Ceo.

3 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

Lembrade que a próxima vez que veñades a Galicia, tedes que pasarvos polo Centro Xeográfico. Aquí o anfitrión serei eu.

Chousa da Alcandra dixo...

Por certo, imaxino que ainda non se foron recibindo os productos sorteados o pasado sábado; pero nos vindeiros días seguramente irán aparecendo comentarios nos respectivos blogs sobre o particular.

Quería engadir que houbo unha participante, Alexandra de Lage (Portugal), que amosou a sua xenerosidade agasallando a todos os que nos apuntamos no seu sorteo con unha botella de Vinho Verde (o gañador levouse tres). Podedes velo na sua bitácora http://alexandraonelight.wordpress.com/

semprengalicia@gmail.com dixo...

Moitas gracias a todos por facer posible que fora tan "exitoso" o noso programa desoutro día. Tódolos que participástedes o sábado pasado fixéstedes que colléramos máis azos para continuarmos nesta tarefa de "coñecer un pouco máis" as nosas cousas de Galicia.
Convídovos a seguir participando o vindeiro sábado, ou que fagades os comentarios que consideredes axeitados en sucesivas intervencións.
Graciñas, outra volta, a todos.
X.Couxil

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...