martes, 10 de marzo de 2009

7 de marzo do 2009

No programa de hoxe estiven acompañado por "Antonio Díaz", Director da revista que edita a nosa "Asociación Cultural Galega ROSALÍA de CASTRO". Compartimos dúas horiñas de radio en galego, nas que fomos debullando os diferentes temas que foron surxindo: música galega tradicional e moderna (segundo nos ían demandando os nosos oíntes) e conversas-entrevistas cos nosos colaboradores. Non puidemos contactar con IRIA, a nosa poeta galega en Catalunya, pero noutra ocasión será.
Non puidemos grabar a conversa mantida con SILVIA, de Expourense, pero foi moi ilustrativa e informativa en tódolos sentidos. Sempre nos atende con toda amabilidade e fainos partícipes de tódolos eventos que se realizan na "Finca Sevilla" do Pazo de Exposicións de Ourense. Tamén nos contou o éxito acadado polo "XANTAR", celebrado na primeira semana de febreiro e á que foi convidado especial Arxentina, que amosou toda a súa espléndida cociña nesas datas.

A seguinte entrevista prevista foi con XOSÉ LUÍS, da Chousa de Alcandra, co que fixemos un pequeno percorrido con comentarios e charla sobre o "trasteo" da semana pasada, e que nos serviu de reflexión par comentar que o máis importante destas cousas é a grande colaboración desinteresada que amosan cada un dos participantes. Agora tan só nos resta recibir os comentarios dos diferentes agasallados, sobre o produto co que foron premiado nos diferenes sorteos, á espera de que rematen algúns dos que quedaban pendentes por entregar, posto que se retrasaron por mor de circuntancias alleas á propia organización.

Conectamos novamente con Galicia e nesta segunda hora comezamos a nosa colaboración semanal con Xulio Simón, que nos informa das reflexións que se veñen facendo tanto na prensa coma noutros medios e aproveita a ocasión para comentar a charla que fixo Xosé Luís Barreiro, como grande crítico e analizador político do que está a acontecer en Galicia despois das eleccións que lle deron maioría ao PP en Galicia.
Intercambio de opinións e desexos de que pase unha semana agradable.

Fixemos unha entrevista en directo coa "BAÑA", concello que se acha pertiño de Santiago de Compostela, e que o día 8 celebra a "VI FESTA DA FILLOA, feita na Pedra, DE A BAÑA", xunto coa a I FESTA DA COCIÑA Á PEDRA". Primeiro falamos uns minutiños con Mónica Tomé, e despois co "mestre filloeiro don Xosé Manuel Mallón, responsable tamén do restaurante D'Antaño en Bertamiráns.


Paco Rivas deléitanos coa declamación semanal á que nos ten acostumados e despedímonos desexándolles todo o mellor para que todo decorra ben nesta segunda semana de marzo.

4 comentarios:

fgul dixo...

Pareceme marabilloso que colguedes aquí as entrevistas e apartados do programa, para que o poidamos escoitar aqueles que estamos na Galiza.

Sorteo do "Meme do Traste Galego".´
O número do sorteo da ONCE do día de onte (11 de Marzo) foi o 23488, polo que o gañador do Meme sería aquel que ten a terminación 88. Como non existe tal participante. Vólvese a sortear hoxe (día 12). Atentos ao cabezallo do blog e moita sorte.
Próximamente haberá ún outro sorteo no meu blog!!

semprengalicia@gmail.com dixo...

Xa sabedes que podedes escoitarnos en directo en "Radio Cornellà" de 18 a 20horas tódolos sábados.
De tódolos xeitos estamos a traballar para podermos colgar tódalas intervencións que se fan no noso programa. Aínda non domino as técnicas que se poden empregar para tirarlle o máximo proveito, pero estamos a traballar nelo.
Tede un pouco de pacencia, xa que son un pouco "lento" nesto das novas tecnoloxías.
Apertas a todos.

Paz Zeltia dixo...

Pois animo a seguir traballando...
a min no meme do traste galego tocoume a "tortilla de Betanzos" de moita fama nos arredores!!!!!

Paz Zeltia dixo...

E decidimos que como é dificil de "enviar" ir a comela a Betanzos mismo, ¡non pago eu, of course!

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...