domingo, 15 de marzo de 2009

Programa do sábado 14 de marzo do 2009

Este sábado tivemos a compaña de varias "donas da Asociación" que nos viñeron a visitar para informar a tódolos nosos oíntes de tódalas actividades que estan a realizar, aproveitando que pertencen ao "consell de la dona de Cornellà".

Diante de nada PEDIMOS DESCULPAS, públicamente, a Manuel L.Rodrígues, pola "falta de puntualidade" ao non poder conectar con el, como tíñamos previsto. Alongóusenos unha das comunicacións que tiñamos e "incumplimos" coa nosa promesa de falar con el. Sentímolo moito e pedímoslle desculpas. Prometemos facer esa conexión nun próximo programa. Sentímolo moito, por nós mesmos e polos oíntes que seguro estarían á espera desta comunicación.

Comezamos dándolles un adianto de tódalas cousas que tentamos facer nesas dúas horiñas de radio en galego, e que sempre temos aberto a tódolos oíntes e Internautas que nos sintonizan. Propoñémonos falar con Galicia, concretamente con Xoaquín García Calvo, alcalde do Concello de Arzúa, para que nos diga cómo vai a "34 Festa do Queixa de Arzúa-Ulloa". Despois falaremos con Xús Vizcaia, Presidente da ACIVI (Empresarios de Viana do Bolo), conectaremos con Paco Rivas e tentaremos falar con Alcalde de Viana do Bolo, don Andrés Montesinos para que nos dea unha valoración da pasada "39ª Festa do Entroido-Androlla" e as súas impresións sobre cómo se presenta esta nova lexislatura despois de teren ganado as eleccións os do seu partido.

A primeira comunicación, polo tanto, foi con Xoaquín, que foi tamén socio fundador da nosa Entidade "Rosalía de Castro".

A continuación tivemos unha pequena conversa con Conchi, María e Carmen Linares, que nos puxeron ao día de tódalas novidades e actividades que estan desenvolvendo.


Logo falamos con Xús Vizcaia, que ademais de darnos a súa opinión sobre o desenvolvemento dos eventos festivos de Viana, deunos a coñecer unha nova proposta interesantísima: "Atopa o Tesouro. Está en Viana". Tódolos interesados neste xogo-concurso poden dirixirse á páxina da Asociación: http://www.acivi.org/.


Na seguinte comunicación puxémonos en contacto con Paco Rivas, que nos deleitou coas súas creacións e declamacións poéticas, como cada semana.

A ultima intervención correu a cargo de don Andrés Montesinos, Alcalde de Viana do Bolo, quen nos ofreceu a súa impresión das pasadas Festas do Entroido e as futuras previsións para vindeiras celebracións, xunto cun adianto de proxectos interesantísimos para a Vila.

Despois achegámonos a "RADIO TELE-TAXI", convidados por MANOLO VALDÉS, para participar no seu programa de gran audiencia "Lonxe da Terra". Tivémola sorte de participar durante máis de dúas horas e aproveitamos a ocasión, novamente, para compartir con Manoel Carrete, o propio Manolo Valdés (primeira parte), Domingo Balboa e o Ilmo.Alcalde de Viana do Bolo, don Andrés Montesinos, e máis un servidor (segunda parte). Fixemos unha pequena gravación da nosa intervención e aquí a temos colgada repartida en dúas partes para que poidades escoitala e darnos a vosa impresión desta nosa participación en directo.

2 comentarios:

Paz Zeltia dixo...

Ah, por iso eu buscaba a grabación de Manuel L. Rodrigues e non a atopaba!

:-)

semprengalicia@gmail.com dixo...

Agardamos que Manuel L.Rodrígues non se sinta molesto pola nosa "falta" ao non poderemos conectar esta semana.
Xa lle prometimos facelo a vindeira, e para que non teñamos problemas, a primeira conexión que fagamos será precisamente con el, é dicir, inmediatmente despois da presentación.

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...