domingo, 18 de maio de 2025

SÁBADO 17 de MAIO do 2025

Este sábado, día das "Letras Galegas-2025", tivemos a ocasión de emitir o programa dende a Ría de VIGO. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións e o desexo de disfrutar de dúas horas de Radio en galego, tentando ofrecerlles as notificacións que nos chegan e conectando cos nosos correspondentes que sempre nos ofrecen as súas crónicas interesantes. Despois de escoitar un bocadiño de música, poñémonos en contacto co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR M.REY CALO, a quen felicitamos polaa recente publicación, xunto con Fina Paulos, do segundo libro relacionado coa Intelixencia Artificial. Tamén nos informa das moitas celebracións que por toda aquela contorna se están a realizar. As Pandereteiras de Mens, son as máis lembradas e as Cantareiras están presentes en cáseque tódalas poboacións da zona. Xa saben que estas informacións están recollidas na páxina quepasanacosta.gal, E lémbranos que este programa re-emítese o domingo a partir das 10 da mañá, por Radio Roncudo. Agradecémoslle a súa comunicación.

Falamos con MANUEL VÁZQUEZ OSORIO, Presidente do Centro Galego NÓS, de Sabadell. Coméntanos que a celebracón das "Letras Galegas-2025" trasladaránse á fin de semana próxima, debido a que teñen preparada a Festa da Sardiñada para o próximo sábado, e así aproveitan para compartir con tódolos socios e simpatizantes esta celebración. Farán unha esxposición alegórica das Letras Galegas, con cartaces recibidos dende a Xunta de Galicia, referidas ás Cantareiras, que son as homenaxeadas este ano, e acompañarán este evento coa degustación das sardiñas que fan cada ano. Tamén nos anuncia a próxima Festa Galega que se realizará no Eix Masiá de Sabadell para os días 13, 14 e 15 de xuño, á que nos convida a tódolos socios e simpatizantes. Desexámoslles moitos éxitos.

A continuaciòn, despois de escoitar outro bocadiño de música, recibimos a VICTOR HUGO VASCONCELLOS, Profesor e Doutorado en Letras. Parabenizámolo polo traballo que acaba de publicar en Galicia Confidencial, e que leva por título: "Da lingua á prosperidade: por que Galiza debe aliarse primeiro co Brasil e non con Portugal?" Coméural e económico ntanos que esta é unha proposta provocativa para reflexionar, aproveitando a celebración do día das Letras Galegas. Coméntanos varios aspectos moi interesantes sobre o seu escrito, que se deberían ter en conta para que Galicia sexa máis coñecida en Brasil e que ambos poidan beneficiarse do intercambio cultural e económico do que dispoñen. Moi interesantes as súas aportacións.

Recibimos a MIRIAM RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, que forma parte da Xunta Directiva da A.C.G.Rosalía de Castro. Están a participar na Festa da Letras Galegas-2025, compartindo escenario coa A.C.Agarimos en Badalona. As nosas "Rosalieiras" tamén actúan, ademais da banda de gaitas da Asociación. Precisamente con relación ás cantareiras fainos un pequeno avance, xa que en breve nos informarán de algo que pronto será realidade. Será unha sorpresa moi agradable, segundo nos informa. Agradecémoslle a comunicación e desexamos que teñan moitos éxitos.

Conectamos con XOAN ARCO DA VELLA, que hoxe estivo na "22 ROMARÍA ETNOGRÁFICA RAIGAME", que se celebra na localidade de Vilanova dos Infantes. Coméntanos que estivo fascinado con esta romaría, non só pola cantidade de persoal e asistencia, senon tamén pola expléndida organización que comprobou. As numerosas actividades das que se poden disfrutar abranguen actividades de teatro e títeres, música, e ambientación polas rúas. Os participantes que cada ano acoden a romería deleintan ós visitantes con bailes populares, xogos, contacontos e artesanía. A gastronomía tamén ten un apartado especial, posto que contan con moitos postos que ofrecen churrasco e unha boa cantidade de pulpeiras, ademais de doces e lambetadas da zona. Moitas grazas pola túa colaboración Xoan, e ata a semana próxima.

Escoitamos a colaboración do noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN RÚA, que nos envía unha crónica cultural moi actual.

Con LUÍS LOSADA, temos a oportunidade de escoitar as súas "PALABRAS VOADORAS" que nesta ocasión transpórtanos á lectura da publicación: "O Incendio" de Sara Vila Alonso. Agradecémoslle a súa aportación.

Deixamos aquí o programa Completo-Enteiro.

Ningún comentario:

SÁBADO 14 de XUÑO do 2025

Comezamos unha semana máis, coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e un bocadiño de música para recibir ao primeiro convidado de hoxe: ...