sábado, 9 de maio de 2026

SÁBADO 9 de MAIO do 2026

Comezamos outra emisión máis do noso "Semprengalicia" de cada sábado, coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música para recibir ao noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY, que sempre nos facilita unha serie de informacións moi interesantes daquela contorna, pero que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal, que sempre nos recomenda. Tamén nos indica que mañá domingo volverán a emitir este programa en Radio Roncudo a partir das dez da mañá. Nosoutros lembrámoslles aos nosos escoitantes que tamén se poderá escoitar en Radio Fene o día seguinte, como ven sendo habital cada samana. Agradecémoslle a súa colaboración tan estimada.

A continuación poñémonos en contacto con ANTONIO LÓPEZ, que é o propietario do establecemento "PUBILLA IBÉRIC", sito na Avda. Josep Molins, 58 de Hospitalet de Llobregat. Está especializado en produtos ibéricos de alta gama e tamén produtos galegos de gran calidade. Por encargo pódense mercar no seu establecemento os produtos máis significativos da nosa gastronomía galega: chourizos, lacón, grelos, navizas, empanadas de diferentes clases, pan centeo e mezcla, viño das diferentes D.O. galegas, lambotadas e doces como larpeiras, roscón, amendoados, bicas... etcétera. mantemos unha conversa moi distendida. Agradecémoslle a súa información detallada.

Despois dun bocadiño de música máis, recibimos a RUBÉN  da Asociación Curro de VALGA, con quen matemos unha conversa moi interesante. Fálanos da suspensión dese curro que tiñan previsto que se levara a cabo este domingo, pero como as previsións climatolóxicas anuncian mal tempo, seica se aplaza para poder realizalo o vindeiro domingo día 17. Os cabalos, aproximadamente uns 300,  que teñen en completa liberdade nos montes de Oia e O Rosal, vannos reunindo e condúcenos ata un "cordel" ou recinto vallado ("un cierre grande"), onde comeza a cerimonia da "Rapa das bestas" que cada ano realizan. Tamén se fai outro Curro no verán, que lle chaman o "Curro das Moscas". Estes cabalos fan unha función de "desbrozadores" dos montes moi importante. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.

Poñémonos en contacto co noso correspondente viaxeiro, reporteiro gráfico e documentalista XOAN ARCO DA VELLA, que sempre ten unha proposta de visita interesante para disfrutar dalgún importante elemento patrimonial galego. Nesta ocasión dixo que estivera no Irixo, achegándose a algunhas parroquias para fotografar algún que outro petróglifo e varios cruceiro. Concretamente fai referencia a un que se atopa no lugar de Santa Maríña de Loureiro, que ten unha base moi interesante na que aparece un friso representando a Santa Cena, con tan so 6 figuras. Estivo a xantar nun local que se chama o "Abanico", que recomenda, xa que quedou moi satisfeito e moi ben atendido. Agradecémoslle a súa proposta.

Despedimos o programa anunciando a crónica que escoitaremos a continuación.

Escoitamos a colaboración do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RÚA, que sempre nos deleita coa súa aposta cultural e finaliza coa escolla dunha peza musical moi axeitada.

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.


Ningún comentario:

SÁBADO 9 de MAIO do 2026

Comezamos outra emisión máis do noso "Semprengalicia" de cada sábado, coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música pa...