Unha nova emisión do "Semprengalicia" de cada sábado. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e exusando ao noso compañeiro ARMANDO FERNÁNDEZ, que se atopa indisposto, pero desexámoslle que pronto se recupere, e como nos dí un colega compañeiro de emisión, tendo presente ese dito: "o xunco doméase e avanéase, pero sempre se mantén en pé". Escoitamos un bocadiño de música e poñémonos en contacto con ROCÍO, da Asociación Cultural San Roque de Arantei, que teñen previsto comezar hoxe mesmo, a partir das 19h un evento moi importante: "Ruta de Bodegas". Consiste na visita a catro adegas da localidade, na que se poderán degustar diversos pinchos e acompañalos co viño das mesmas, tinto ou blanco, asegún así o elixan os participantes. No final haberá degustación de postres e unha barra con música a cargo da Carrilla Disco Pub, ata que o corpo aguante. Desexámoslle que teñan moito éxito!!!
Falamos con FABIÁN, Asociación C.G.Airiños da Nosa Galicia en Santa Coloma de Gramenet, que teñen previsto realizar unha Conferencia-Coloquio na sede do "Centre Excursionista Puigcastellar" de Santa Coloma o próximo luns día 9 a partir das 19h. Unha sesión que será impartida polo Presidente, don Antonio Álvarez González, da Asociación Castaño e Nogal, promotora e impulsora da Ruta Quintá - Río Donsal, nos Ancares Lugueses, PR - G 159, que ven de recibir a Bandeira de Sendeiro Azul no Castelo de Cullera. Felicitámolos e desexamos que disfruten dese evento, agradecéndolle a súa comunicación e participación.
Recibimos a crónica-aportación do noso viaxeiro e reporteiro gráfico XOAN ARCO DA VELLA, que sempre ten preparada unha proposta a visitar moi interesante, nesta ocasión trasladouse a vila de Muros, para recoller información do Muiño de Mareas, que seica é o máis grande que temos en Galicia. Aproveitou a ocasión para achegarse ao Monte Louro e contemplar o Convento do século XIII, xunto co cemiterio da parroquia, onde atopou unha curiosidade, que pensa completar nunha próxima visita. Trátase da colocación moi meticulosa de cunchas que existen, nalgúns túmulos. Agradecémoslle a súa detallada información e desexámoslle feliz semana.
Anunciamos a celebración da presentación do libro. Unha pedra no zapato, de Rosalía GT, que se está a producir na A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà. Despois haberá unha merenda ofrecida polas donas da Entidade. Tamén comentamos e excusámonos porque non podemos contar hoxe coa crónica do noso correspondente na Costa da Morte, Oscar Rey, pero informamos dalgunhas noticias daquela contorna. Mañá poderase escoitar este programa en Radio Roncudo, a partir das dez da mañá. Tamén se reproducirá en Radio Fene o luns próximo. A ampliación das noticias pódense revisar na páxina quepasanacosta.gal, que tan ben recollen as novidades. E despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora.
Escoitamos as dez pezas musicais galegas, propostas polo Xurado de aRi(T)mar.gal, para ser elixida como mellor tema musical galego. Os interesados poden votar na páxina indicada. As propostas como músicas portuguesas e a elección do mellor poema galego, así como tamén o mellor poema portugués, tamén están nesa páxina. Nosoutros tentaremos ofrecérlle-las en vindeiras emisións, pero o espazo é cativo para o que podemos ofrecerlles. Desexamos que sirva como anticipo do que poden escoitar nesa páxina do aRi(T)mar.gal Galiza e Portugal.




Ningún comentario:
Publicar un comentario