sábado, 20 de decembro de 2025

SÁBADO 20 de DECEMBRO do 2025

Comezamos a última emisión deste ano coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e un bocadiño de música, nesta ocasión "Música de Nadal" para celebrar estas datas. Poñémonos en contacto co noso colaborador HENRIQUE FDEZ-MON SÁNCHEZ, a quen saudamos e aproveitamos para enviarlle os nosos mellores desexos de benestar e Boas Festas, así como un venturoso aninovo 2026. Comentamos algunhas cousas e convidámolo a que participe, o vindeiro ano con nosoutros para celebrar a conmemoración do corenta aniversario da emisión do noso programa. Temos previsto unha grande celebración, que queremos sexa unha ocasión para xuntar a moitas das persoas que tiveron algo que ver coa dirección deste programa e aqueles que participaron na súa realización. Voltamos a desexarlle boas Festas para el e para todos os seus.

Continuamos a emisión e poñémonos en contacto con XOAN ARCO DA VELLA, o noso correspondente viaxeiro e reporteiro gráfico, que sempre ten preparada unha recomendación visitable moi interesante. Nesta ocasión fálanos da "Pedra dos sacrificios" que se atopa no concello de Irixo. Tamén aproveitamos para presentarlle as dúas mozas que nos visitan. Enviámoslle os nosos desexos de benestar e Boas Festas de Nadal. ¡Que teñan unha entrada de aninovo 2026 chea de ventura e prosperidade. Apertas ata o próximo ano.

Poñémonos en contacto co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO, Felicitámolo porque os dous profesores (Oscar e Fina Paulos Lareo) do IES de Baio -ZAS-, acaban de ser recoñecidos polo Ministerio de Educación por crear un recurso educativo aberto que pode ser replicado en calquera centro escolar do país. ¡Nhoraboa, Moitos Parabens! para nosoutro é unha honra telos como colaboradores nosos. Aproveitamos para felicitarlle estas festa do Nadal e desexarlle moita ventura e prosperidade no vindeiro aninovo 2026.

Conectamos novamente con Galicia para recibir a FERNANDA FOLLANA NEIRA, a nosa correspondente nos Ancares Lugueses, concretamente dende Becerreá, a quen felicitamos estas Festas do Nadal e desexamos que teña unha entrada de aninovo feiticeira y moita prosperidade. Coméntanos algunhas cousiñas relacionadas con estas datas e moi concretamente o engalanado da poboación a cargo da Asociación Rente ao Couce, que é de destacar. Agradecémoslle a súa colaboración.

Conversamos con PATRICIA CUMBRAOS e NURIA CONRADO, que son as mozas que nos visitan nos estudios. Coméntanos algunhas cousas relacionadas coa Asociación Cultural G. Rosalía de Castro, da que son socias e forman parte do Grupo de Cantareiras e da Banda. Veñen de participar nunha celebración exitosa na Catedral de Barcelona, con motivo da exaltación das Cantareiras, aproveitando que este ano dedícanlle as Letras Galegas.

 

Chamamos a ANA MARÍA CASANOVA, Nai de Patricia, para darlle unha sorpresiña e aproveitar para desexarlle unhas Felices Festas de Nadal e un ventureiro aninovo 2026. Fíxonos moita ilusión comprobar o momento emotivo desta comunicación entrañable.

 

Antes de finalizar o programa, coa participación e colaboración do noso correspondente en Combarro, estas dúas mozas que nos visitan hoxe, en nome da Asociación C.G.Rosalía de Castro, envíanlle as felicitacións de Nadal e aninovo a tódolos escoitantes, simpatizantes e seguidores. Agradecémoslles a súa aportación no programa de hoxe e tamén nos despedimos ata o vindeiro ano 2026.

Escoitamos a crónica de XULIO SIMÓN, o noso correspondente nas Rías Baixas, que sempre está chea de comunicación cultural, e finaliza coa proposta de escoitar unha peciña musical. Nesta ocasión, denantes de finalizar envíanos as súas felicitacións de Nadal cunha fermosa composición poética.


Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.




Ningún comentario:

SÁBADO 20 de DECEMBRO do 2025

Comezamos a última emisión deste ano coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e un bocadiño de música, nesta ocasión "Música de Nada...