martes, 16 de decembro de 2025

SÁBADO 13 de DECEMBRO do 2025

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e anunciando que hoxe se farán públicos os Premios do XXXIX Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà. Tamén teremos a presentación do libro "Literatura Insólita" de Armando Requeixo, grande amigo da Entidade e membro do Xurado do Certame. Precisamente por eso, un servidor, non poderá continuar presente no programa de hoxe, pero ofrecerémosvos unha emisión interesante. Así pois escoitamos un bocadiño de música e a continuación recibimos á primeira convidada: CHELO PAMPILLÓN, Presidenta de FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado) con quen mantemos unha cativa conversa sobre o traballo tan interesante que están a realizar.

Recibimos a crónica semanal de OSCAR M. REY CALO, o noso correspondente na Costa da Morte, que fai un pequeno resumo das noticias e novidades máis salientables daquela comarca, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal, e anúncianos que este programa será novamente retransmitido dende Radio Roncudo mañá, domingo a partir das dez da mañá. Agradecémoslle a súa colaboración.

Despois de escoitar outro bocadiño de música, conversamos con MANUEL FOTEIRO de A Fonsagrada. Comenta asuntos interesantes que suceden naquela localidade. O auxe da xuventude e das oportunidades tan interesantes que se poden aproveitar no Rural Galego. Tamén nos fala da "X Foliada de A Fonsagrada", dos compoñentes do Grupo "De Ningures", que xa entrevistamos nalgunha ocasión, da película "360 Curvas", da revitalización e potenciación do Rural galego, da limpeza dos arredores dos rios, etcétera... ...

Continuamos a emisión e poñémonos en contacto con XOAN ARCO DA VELLA, que sempre ten preparada unha colaboración moi interesante, relacionada coa súa faceta viaxeira e gráfica, por terras galegas, na busca de recunchos interesantes. Nesta ocasión recoméndanos a vista ao Belén artesanal de Moraña, iniciativa impulsada pola "Asociación de Mulleres Rurais Menhir".

Aproveitando a escoita dunha peza musical, Armando despide o programa indicando que a continuación escoitaremos a colaboración do noso correspondente nas Rías Baixas.

Aquí podemos escoitar a crónica semanal do noso correspondente en Combarro, XULIO SIMÓN, chea de comunicación cultural moi interesante.

 

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.

Ningún comentario:

SÁBADO 13 de DECEMBRO do 2025

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e anunciando que hoxe se farán públicos os Premios do XXXIX Certame de Poesía Rosalía ...