sábado, 11 de outubro de 2025

SÁBADO 11 de OUTUBRO do 2025

Outra emisión máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións e escoitar un bocadiño de música poñémonos en contacto con MIRIAM, da A.C.G.Rosalía de Castro, que nos pon ao corrente das diferentes actividades que se foron sucedendo e doutras que están próximas a realizarse. En primeiro lugar a que se realizará mañá mesmo, domingo día 12, diante da nosa Entidade: Paella e Concerto do Grupo AILÁ, e outras e interesantes informacións como o Campionato de tute, o Magosto, o Certame de Poesía, a actuación no San Froilán de Nou Barris, ectcétera... Agradecémoslle a súa información detallada.

A segunda intervención é a do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR M. REY CALO, que sempre nos aporta unha crónica moi escollida das moitas noticias que acontecen naquela contorna galega, pero que se pode ampliar na páxina quepasanacosta.gal, que nos recomenda sempre e tamén anuncia que se poderá escoitar este noso programa nas ondas de Radio Roncudo mañá mesmo.

Despois de escoitar outro bocadiño de música, dámoslle paso á comunicación co noso correspondente viaxeiro e reporteiro gráfico XOAN ARCO DA VELLA, que nesta ocasión infórmanos e recoméndanos a visita a Toutón, no concello de Mondariz, para contemplar unha obra moi interesante: A levada de Toutón, que, segundo nos comenta ten nada menos que nove kilómetros de percorrido e que ademais están traballando para facer un camiño adxunto para poder disfrutar desta maravillosa obra popular. As augas desta levada servían para o rego de moitas leiras e tamén para alimentar o funcionamento dalgún muiño.

Continuamos a segunda hora conectando coa nosa correspondente FERNANDA FOLLANA NEIRA, dende Becerreá, que nos fala dalgunhas novidades nos Ancares.

Entrevistamos agora ao Catedrático de Lingua e Literatura Galega, Investigador, Profesor e Crítico Literario, ARMANDO REQUEIXO, que acaba da publicar, na Editorial Galaxia o libro que leva por título: LITERATURA INSÓLITA. Parabenizámolo e fainos unha pequena descrición do contido deste traballo tan interesante. Agradecémoslle a atención que nos dispensa e desexámoslle moitos éxitos.

E despois de despedirnos deixamos a crónica que nos envía o noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RÚA. Paga a pena escoitalo.

Deixamos aquí o programa completo.

Ningún comentario:

SÁBADO 22 de NOVEMBRO do 2025

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións oportunas, un bocadiño de música e poñémonos en contacto con MÍRIAM MARTÍN , periodista filla de...