sábado, 19 de outubro de 2024

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente en Combarro, XULIO SIMÓN RÚA, que nos fai unha pequena crónica informativa chea de contido cultural e moi relacionada coa actualidade galega. Agradecémoslle a súa colaboración.

Despois de escoitar a peza musical "Elexía a Ramón Sijé", que foi a elección do noso amigo Xulio, poñémonos en contacto con OSCAR MANUEL REY CALO, correspondente na Costa da Morte, pero que hoxe atópase na localidade de Fuente Ovejuna, xunto con FINA PAULOS LAREO, asistindo a un Certame moi importante, relacionado co seu traballo de educadores. Recibimos información pormenorizada desa súa participación con alumnos do Instituto de Baio, e despedímonos desexando que teñan moito éxito nesa participación. Volve a lembralle a tódolos nosos oíntes e seguidores que poden entrar na páxina quepasanacosta.gal, onde atoparán as informacións máis precisas daquela contorna, así como tamén informa da re-emisión deste noso programa de hoxe, na Radio Roncudo de mañá.
 

Continuamos esta andaina radiofónica conectando co noso colaborador e correspondente viaxeiro-fotógrafo rural e recompilador de historias XOAN ARCO DA VELLA, que nesta ocasión ten preparada a súa intervención falando dun lugar moi interesante: "A Baña", onde se atopa a "Man da Moura". Coméntanos as diferentes edificacións que alí se atopan, que fotografou e que se poden contemplar na súa páxina. xoanarcodavella.com, Fálanos dun proxecto que está a elaborar, consistente nunha plataforma de amplo contido e no que terá un espazo adicado á nosa emisión radiofónica. Estaremos atentos e participaremos nese traballo, na medida das nosas posibilidades. Agradecémoslle que pensara na nosa humilde emisión e desexámoslle moitos éxitos.


Entrevistamos a JUAN PEDRO SÁNCHEZ, Presidente de ASOBECAT (Asociación de Bercianos en Cataluña) que nos informa das diferentes actividades que realizaron este verán, concretamente en Galicia, con motivo da entrega do Premio Alecrín a un berciano elexido pola súa Xunta directiva, un comunicador de grande sona: Presentador de Onda Bierzo. Comenta a celebración da "Virxe da Encina", con Misa, Procesión e degustación de produtos bercianos acompañados de viño berciano, godello e mencía. A seguinte celebración será a "Festa do Magosto" na Sede da Asociación: "Asador del Bierzo", prevista para o día 2 de novembro, cun menú excelente. Todos os interesados deberán poñerse en contacto con eles ou co propio Asador: info@asadorbierzo.com. Desexámoslle que teñan moito éxito.

Falamos con MIRIAM RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, da A.C.G.Rosalía de Castro, encargada de comunicación da propia Entidade, que nos fala da actuación da Grupo de Gaitas, Danza e Rosalieiras no Festival que se está a celebrar en Hospitalet o HOSPIFOLCK, organizado pola "Casa Galega de Hopitalet". Tamén nos comenta as diferentes actividades programadas pola Asociación, como o Campionato de Tute, o Campionato de Brisca, que ten a modalidade de trío e non de parellas, a celebración da castañada-2024, que se realizará facendo a estrea do novo local, a paella popular xunto coa Asemblea Informativa no Centro e o fallo do "XXXVIII Certame de Poesía Rosalía de Castro", para o día 7 de decembro. Agradecémoslle a súa participación de hoxe.

A última intervención é a do Poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS, que sempre nos recibe moi amablemente e preguntámoslle polas novidades da súa escrita, que nos comenta. A que nos informa é da presentación do que está publicado por Medulia Editorial: TERRA E MAR. AZUIS NA GAIOLA. Sempre ten palabras amables para con nosoutros e despídese despois de ler e recitar unha das súas creacións poéticas. Tamén nos despedimos de tódolos nosos oíntes e seguidores, desexando que volvan a conectar e escoitarnos o vindeiro sábado á mesma hora. Que teñan unha feliz semana!


Ningún comentario:

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...