O seguinte convidado é LUIS CRESPO, que dirixe o "XXV FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES de Redondela". Parabenizámolo por ter acadado xa eses vintecinco anos de existencia. Coméntanos a multitude de actuacións que se realizarán dende o día 13 ata o 19 de maio, coa participación de grandes titiriteiros vidos dende Italia, Arxentina, Portugal, Cantabria, Castela e León... unha grande cantidade de persoeiros que durante eses días farán as delicias dos veciños e moi particularmente dos cativos escolares de Redondela e arredores. Desexamos que teñan moitos éxitos.
Recibimos a Crónica semanal do noso correspondente na Rías Baixas, XULIO SIMÓN RÚA, que sempre ten unha participación cultural moi interesante.
Despedímonos ate o vindeiro sábado.
E deixamos aquí o programa completo.
Comentarios