Saltar ao contido principal

SÁBADO 8 de MAIO do 2021

O primeiro programa deste mes de MAIO, que comezamos dándolles a ben-vida e saudando a Antía Ameixeiras e Sabela Caamaño, do Grupo CAAMAÑO&AMEIXIERAS, que nos presentan o seu ultimo traballo, un CD que leva por título AIRE, e que ofrece 11 temas escollidos, de música tradicional acompañadas de grandes autores e músicos moi importantes. Elas, moi humildemente, dícennos que se sinten moi honradas coa participación deses músicos de grande talla, pero elas tamén o son: Grandes. Felicitámolas por ofrecernos esas interpretacións feiticeiras, que pronto estrenarán e presentarán en Galicia, concretamente o día 17 deste mesmo mes de maio, no Festiletras. E o día 5 de XUÑO teremos a oportunidade de poder disfrutar delas no CAIXA FORUM de Barcelona. Agradecémoslles a súa amable atención e desexámoslles moitos éxitos!!!

A segunda invitación, conversa e entrevista, é co noso admirado poeta e escritor MODESTO FRAGA MOURE. Concédenos estes minutos do seu lecer e traballo intenso, para darnos a coñecer unha serie de actividades e actuacións que están a preparar con motivo do 25 aniversario do Batallón Literario da Costa da Morte. Tamén nos informa da revindicación e próxima actuación, o día 22 deste mes, con moitos participantes máis, no Poesía polos Penedos. Un acto que se celebrará durante todo o día para reclamar que non se sementen aereoxeneradores naquela comarca protexida e de grande riqueza natural e patrimonial.

Despois conectamos co noso correspondente en Combarro, Xulio Simón Rúa, que nos fai a súa crónica semanal e cultural. Agasállanos coa lectura de sendos poemas escollidos por el, aproveitando que se fan unhas publicacións especiais no Diario Nós, moi interesantes e moi recomendables. Moitas Grazas pola túa aportación, Xulio.

E para finalizar voltamos novamente á conversa que interrumpimos con Modesto. Fálanos dese seu traballo que xa está na imprenta, relacionado coa literatura fisterrá. A súa Finisterranía está máis que demostrada, non só polas súas publicacións senón tamén polo seu intenso traballo de investigación e posta en valor dos moitos personaxes que sairán ao prelo en próximas datas. Agradecémoslle a súa participación no noso programa de hoxe, e comprometémonos a falar novamente con el, cando estea editado ese libro.

Desexamos que teñan unha feliz semana. A continuación o programa enteiro.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Resultado do Iº CONCURSO-SORTEO do noso programa "Sempre en Galicia"

Con motivo do "23 aniversario" da posta en marcha do programa "Sempre en Galicia" realizamos este 1º Concurso-Sorteo para agasallar aos nosos oíntes e seguidores. Gracias aos promotores e patrocinadores que desinteresadamente nos ofreceron as súas Vivendas Rurais, queixos e productos. O xogo consistiu en que tódolos interesados tiñan que enviar un correo electrónico ao noso enderezo semprengalicia@gmail.com e facer un comentario no noso blog, ou ben chamar por teléfono a Radio Cornellà solicitando un número. Os participantes e números entregados foron os seguintes: 01 Rubén Alonso. 02 Mª José Jarba. 03 Paz Zeltia. 04 Chousa da Alcandra. 05 Piska. 06 Tapi 8. 07 Fernando. 08 Rafa Muñoz. 09 Vanessa. 10 Ceip C-Dena. 11 Ofir Enríquez. 12 Olga Seco. 13 Oliver Regueiro. 14 Vicente Maza. 15 Xus Vizcaia. 16Oscar Oliver Soler. 17 Mª Luísa. 18 Kike. 19 Carlos Sousa. 20 Sebastián Santiso. 21 Carmen Alvarez. 22 Mª Paz Garrido. 23 Julio Gacía Rex.

SÁBADO 18 de NOVEMBRO do 2023

Un sábado máis con todos vosoutr@s, tentando levar adiante este programa de dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións saudamos a un convidado especial que nos visita nos estudios: ANTONIO REY (TOTÓ) , que é das Ermitas.   Escoitamos un bocadiño de música e trasladámonos (telefónicamente) á Costa da Morte, para recibir ao noso corespondente OSCAR REY CALO , que ten preparada a súa crónica semanal relacionada coas noticias daquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.ga l, como vimos informando cada semana, o mesmo que lles lembramos que este noso programa re-emítese en Radio Roncudo os domingos a partir das dez da mañá. Agradecementos para Oscar e desexámoslle feliz semana. A continuación mantemos unha longa conversa con ANTONIO REY ( Totó). Falamos daquel Val das Ermitas tan feiticeiro, das Festividades que se fan, dos produtos de primeira calidade que se poden disfrutar ali, dos viñedos espectaculares, das ol

SÁBADO 2 de DECEMBRO do 2023

Outro sábado máis con todos vosoutros, pero nesta ocasión con visita nos estudios, moi especial e moi honrosa: Os Membros do Xurado do "XXXVII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà". Dámoslles a ben-vida e mantemos unha pequena conversa coa Presidenta dona CHARO GOLMAR e con ARMANDO REQUEIXO . É un pracer poder conversar con eles. Concretamente Charo fará a presentación de dous libros da súa autoría: "No bico do vento" e "Alma de Nadal". A grande festa que a Asociación C.G.Rosalía de Castro realiza cada ano, con motivo do Certame de Poesía, convértese sempre nunha grande afluencia de socios, amigos e simpatizantes, que son recibidos con música da propia Banda da Asociación. Despois, durante a cea de convivio, danse a coñecer os Premiados dese Certame. Recibimos a crónica do noso colaborador na Costa da Morte OSCAR REY CALO , que cada sábado ten preparada, coas noticias e informacións escollidas daquela contorna galega. Moitos dos nosos escoitant