Saltar ao contido principal

21 de OUTUBRO do 2017

Outra semaniña máis con todos vosoutros, para ofrecervos dúas horiñas de radio con entrevistas, música e informacións diversas. Xa sabedes que podedes vernos en directo porque emitimos en youtube_ //www.facebook.com/xulio.couxilvazquez, e participar sempre que queirades. A primeira conexión é con XOSÉ LAMELA, o noso correpondente na Baixa Limia, que nos presenta a súa convidada desta semana: dona MARTA DELGADO, de Mira Xurés. A conversa xira arredor do emprendimento, repasan as posibilidades de futuro e proxectos que se poden poñer en marcha nesa zona tan deteriorada polos lumes desta semana pasada en Galicia. 

Despois falamos con JUAN Pedro Sánchez, Presidente de ASOBECAT, que nos informa da celebración do MAGOSTO-Castañada da Entidade en Polinyà, para a vindeira fin de semana, á que nos convida asistir,

Recibimos a chamada de SANTIAGO LORENZO SUEIRO, que nos pon ao corrente da Conferencia que se celebrará no Hotel Eurostars Gran Marina o vindeiro martes día 24 ás 7:30, baixo o título: "El Turismo, perspectivas globales y locales". Conversarán don Amancio López (Presidente do Grupo Hotusa), don Albert Peters (Presidente de KDF, Directivos de habla Alemana). Agradecémoslle a súa amable participación e información. Celebramos a chegada aos estudos da nosa voz feminina LAURA SANTOS, que tanto extrañabamos. 

A segunda hora conectamos con XULIO SIMÓN, o noso correspondente nas Rías Baixas, que tamén nos ten preparada a participación de don XOSÉ LOIS VILAR, activista cultural, empresario froiteiro, historiador, arqueólogo, especialista en toponimia e arqueoloxía da costa sur de Galicia. A súa participación convértese nunha leución e clase informativa do acontecido nesta semana pasada na zona de Baiona, Gondomar e Vigo. Agradecémoslle a súa aportación,

E despois de escoitar un bocadiño máis de música conectamos con PACO RIVAS, o noso Poeta da Mariña Lucense, con quen comentamos a súa colaboración neste programa dende os seus comezos con Ramón López, aludindo ao aniversario de Radio Cornellà nos seus 35 anos de existencia. Tamén aproveitamos para felicitalo pola publicación deses tres libros que el mesmo nos comenta, e despídese de nosoutros coa lectura dun dos seus poemas.

A vindeira semana máis. Non deixedes de escoitarnos e participar con nosoutros.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Resultado do Iº CONCURSO-SORTEO do noso programa "Sempre en Galicia"

Con motivo do "23 aniversario" da posta en marcha do programa "Sempre en Galicia" realizamos este 1º Concurso-Sorteo para agasallar aos nosos oíntes e seguidores. Gracias aos promotores e patrocinadores que desinteresadamente nos ofreceron as súas Vivendas Rurais, queixos e productos. O xogo consistiu en que tódolos interesados tiñan que enviar un correo electrónico ao noso enderezo semprengalicia@gmail.com e facer un comentario no noso blog, ou ben chamar por teléfono a Radio Cornellà solicitando un número. Os participantes e números entregados foron os seguintes: 01 Rubén Alonso. 02 Mª José Jarba. 03 Paz Zeltia. 04 Chousa da Alcandra. 05 Piska. 06 Tapi 8. 07 Fernando. 08 Rafa Muñoz. 09 Vanessa. 10 Ceip C-Dena. 11 Ofir Enríquez. 12 Olga Seco. 13 Oliver Regueiro. 14 Vicente Maza. 15 Xus Vizcaia. 16Oscar Oliver Soler. 17 Mª Luísa. 18 Kike. 19 Carlos Sousa. 20 Sebastián Santiso. 21 Carmen Alvarez. 22 Mª Paz Garrido. 23 Julio Gacía Rex.

SÁBADO 18 de NOVEMBRO do 2023

Un sábado máis con todos vosoutr@s, tentando levar adiante este programa de dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións saudamos a un convidado especial que nos visita nos estudios: ANTONIO REY (TOTÓ) , que é das Ermitas.   Escoitamos un bocadiño de música e trasladámonos (telefónicamente) á Costa da Morte, para recibir ao noso corespondente OSCAR REY CALO , que ten preparada a súa crónica semanal relacionada coas noticias daquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.ga l, como vimos informando cada semana, o mesmo que lles lembramos que este noso programa re-emítese en Radio Roncudo os domingos a partir das dez da mañá. Agradecementos para Oscar e desexámoslle feliz semana. A continuación mantemos unha longa conversa con ANTONIO REY ( Totó). Falamos daquel Val das Ermitas tan feiticeiro, das Festividades que se fan, dos produtos de primeira calidade que se poden disfrutar ali, dos viñedos espectaculares, das ol

SÁBADO 2 de DECEMBRO do 2023

Outro sábado máis con todos vosoutros, pero nesta ocasión con visita nos estudios, moi especial e moi honrosa: Os Membros do Xurado do "XXXVII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà". Dámoslles a ben-vida e mantemos unha pequena conversa coa Presidenta dona CHARO GOLMAR e con ARMANDO REQUEIXO . É un pracer poder conversar con eles. Concretamente Charo fará a presentación de dous libros da súa autoría: "No bico do vento" e "Alma de Nadal". A grande festa que a Asociación C.G.Rosalía de Castro realiza cada ano, con motivo do Certame de Poesía, convértese sempre nunha grande afluencia de socios, amigos e simpatizantes, que son recibidos con música da propia Banda da Asociación. Despois, durante a cea de convivio, danse a coñecer os Premiados dese Certame. Recibimos a crónica do noso colaborador na Costa da Morte OSCAR REY CALO , que cada sábado ten preparada, coas noticias e informacións escollidas daquela contorna galega. Moitos dos nosos escoitant