domingo, 8 de octubre de 2017

07 DE OUTUBRO DO 2017

Unha nova tempada con todos vosoutros. A primeira noticia e NOVIDADE importante é que xa nos podedes ver directamente por Internet, aquí mesmo, tal e como estamos nos estudos: https://www.facebook.com/xulio.couxilvazquez. E comezamos dándolles a benvida aos nosos contertulios nos estudos, MANUEL RODRÍGUEZ JULIÁN e ARMANDO FERNÁNDEZ, disculpando a presencia da nosa periodista LAURA SANTOS, por asuntos persoais aos que ten que acudir. De seguida poñémonos en contacto con HENRIQUE FERNANDEZ-MON SANCHEZ, un dos primeiros Presidentes da Asociación Cultural Galega "Rosalía de Castro" e tamén con XOSEFINA FERNÁNDEZ, Directora que foi deste programa en etapas anteriores. Aproveitamos para face referencias a aqueles anos de iniciación e comezo do noso programa, xa que pronto se cumplirán  35 anos da creación de Radio Cornellà. A conversa discorre arredor desas vivencias, acompañados como estamos co primeiro Director desta emisión de "Semprengalicia". Agradecémoslle a dedicación que nos ofrecen e convocámolos para continuar esta conversa en vindeiras ocasións, e tentaremos que tamén participen outros anteriores responsables deste programa.

Achegámonos agora a Galicia, concretamente á Baixa Limia, para conectar co noso correspondente XOSÉ LAMELA, que nos trae de convidado a un contertulio, don MANUEL RIVERO PÉREZ, que nos  ilustra en relación a varias facer do seu saber ademais de convertirse a súa conversa en clase e aprendizaxe para todos nós. Voltaremos a solicitarlle a súa aportación en videiras ocasións.

Seguimos, na segunda hora, conectando co noso correspondente XULIO SIMÓN, que tamén nos ten preparada a participación doutro convidado moi importante: XURXO SOUTO, que nos fala da celebración da Foliada en Nou Barris, na que participarán moitísimas persoas relacionadas coa nosa cultura e outros de Canarias... ... Un grande acontecemento que durará 3 días. Comezou onte e rematará mañá domingo con moitas actuacións e concertos.

Finalmente falamos con JUAN PEDRO, Presidente de ASOBECAT, que nos pon ao corrente das actividades que teñen levado a cabo este verán e adiántanos a celebración do Magosto-Castañada 2017, que realizarán na súa sé de Polinyà o vindeiro 28 deste mes. E acabamos a emisión de hoxe comentando algunhas das cousas interesantes relacionadas coa nosa Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, com son as Actividades no Centro, as clases de Gaita e Danzas, as recentes actuacións (Festa de San Froilán de Nou Barris...), as clases de Baile de Salón, os ensaios da compañía de Teatro "Anduriña" que pronto serán convocados... etcétera.

Desexamos que teñan unha Feliz Semana. Non sabemos se teremos emisión o vindeiro sábado, por mor do festivo. Xa volo anunciaremos en canto poidamos.

No hay comentarios:

SÁBADO 13 de OUTUBRO do 2018

Un programiña máis con todos vostedes, que encetamos dándolles a ben.vida e ofrecéndolles escoitar unha peza do CD "1952" de TANX...