sábado, 4 de marzo de 2017

Sábado 04 de Marzo do 2017

Unha semaniña máis con todos vostedes, tentando levar adiante esta emisión de dúas horiñas de radio en galego. Comezamos, todo o equipo ao completo (Laura Santos, Xosé Lamela, Armando Fernández, un servidor e o noso técnico KIKO), conectando con Galicia, para falar con don MANUEL RIVERO, un grande Profesor de moitas disciplinas que próximamente terá unha intervención moi interesante en Valença do Minho, precisamente falando nas "I Jornadas de Organizaçao e Gestao do Minho". Unha entrevista chea de ensinanzas.

Na segunda hora conectamos novamente con Galicia, nesta ocasión para falar co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO Simón, que sempre ten preparada a súa intervención tan interesante.

Falamos, despois con PACO RIVAS, o noso poeta da Mariña Lucense, con quen mantemos unha conversa distendida e acaba a súa intervención agasallándonos coa declamación de varias das súas creacións poéticas.

Desexamos que pasen unha feliz semana. Sexan felices, e non deixen de sintonizarnos novamente o vindeiro sábado.

No hay comentarios: