domingo, 15 de enero de 2017

14 de XANEIRO do 2017

Primeiro Programa do ano.

Neste programa de hoxe temos que disculpar a presencia de Laura Santos, e de Xulio Couxil, que non se atopan nos estudos por mor de certas obrigas persoais. Armando Fernández nas locucións e o noso Técnico Kiko serán os encargados de levar adiante este programa e comeza dándolles a ben-vida e propoñéndolles escoitar unha peciña de música galega para conectar con don SANTIAGO LORENZO SUEIRO, empresario e escritor, que nos informa dalgunhas actividades interesantes, como é o caso da "Conferencia" que se celebrará en Castelldefells o vindeiro día 25 deste mes baixo o título: Catalunya ¿Infierno Fiscal?, que impartirá o catedrático don JUAN FRANCISCO PONT. Tamén nos fai saber da presentación do seu libro : Reino Suevo en Gallaecia. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos voltar a conectar con el para máis informacións.

A segunda comunicación é co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, que nos comenta varias cousas interesantes.

Na segunda hora conectamos con Galicia para falarmos con noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que como cada semana sempre ten preparadas unha serie de interesantes noticias e informacións. 

Despois falamos co noso Poeta da Mariña PACO RIVAS, que coma sempre ten unha amena conversa e entretida.

A ultima conexión é con JUAN PEDRO SÁNCHEZ, Presidente de ASOBECAT, que nos informa da Rolda de Prensa que están a realizar no Hotel Front Air de Sant Boi, para presentar o "XIV Festival del Botillo en Catalunya", no que homenaxearán, como Berciano do ano a don Manoel Carrete (Presidente do Centro Galego de Barcelona), e ao Concello de CACABELOS, e contarán coa colaboración das Adegas GODELIA (en Pieros), de Cacabelos, no mesmo Camiño de Santiago.

Despedímonos ate a vindeira fin de semana, que voltaremos a ofrecerlles máis música, entrevistas e novidades. Non faltedes...

No hay comentarios: